24 may 2012

AS MESTRAS VOLTAN AO COLE



Como remate da actividade do Día do Libro na que se recolleron coplas, lendas , refráns, adiviñas e retahílas, tivemos unha visita...


Maruxa e Amanda, antigas mestras do noso cole, viñeron a contarnos dous contos: un de risa e un de medo.


Foi unha actividade que nos gustou a todos, a grandes e a pequenos. Agradecémoslles a súa colaboración e esperámolas para outra ocasión.

22 may 2012

Coplas, lendas, refráns, adiviñas, retahílas...

Dende a biblioteca e co motivo do Día do Libro, o pasado 25 de Abril, os alumnos e alumnas do Ceip Juan Rey  recolleron diversos textos de tradición oral. Colaboraron familiares e amigos. Esta idea artellouse dende o Recuncho de Creación.