▼
15 nov 2014
Telefabola. Magosto 2014
O xoves 6 de novenbro , celebramos o magosto no cole. Nesta nova edición de Telefabola, os alumnos e alumnas de 6º elaboramos un vídeo no que vos contamos o que facemos este día.
Ao final cantamos en directo unha canción popular destas datas que nos ensinou Sina, a nosa profe de música. Grazas a todos.
3 nov 2014
27 jun 2014
Proxecto dos niños
1. XUSTIFICACIÓN.
O tema do noso proxecto
xurde cando unha nena da aula de 4 anos cóntalle a súa titora cos seus pais
fixeron unha viaxe a Francia e trouxéronlle un niño artificial de paxaros.
Partindo deste punto os nosos nenos empezan a facer preguntas como; qué é un
niño?, para qué sirve?, quén o fai?, con qué?..... E o equipo do ciclo de
Infantil decidimos, nunha reunión de ciclo,que tiñamos que ponernos a
investigar cos nenos todas esas interrogantes e así nace o noso proxecto co
nome de “O niño de Cecilia” e que
foi desenvol ó longo do 3º trimestre do curso.
O noso primeiro paso foi
traballar na asamblea o tema e comprobar cales eran as ideas previas que os
nosos nenos posuian. Unha vez valorado chegamos a conclusión de que, en xeral,
as ideas previas eran moi pobres e tomamos esta valoración como punto de
partida do noso proxecto para establecer as metas que queríamos perseguir, a
selección de contidos, os recursos e materiais e a planificación do noso traballo.
2. OBXECTIVOS.
OBXECTIVO XERAL: Observar o
seu entorno máis inmediato, identificando as características dos elementos co
forman, mostrando unha actitude de curiosidade e coidado do mesmo.
OBXECTIVOS:
Ø Planificar
e secuenciar as propias acción
Ø Planificar
e ordear a súa acción en función da información recibida.
Ø Valorar
a importancia so medio natural e a súa calidade para a vida.
Ø Utilizar
a linguaxe oral e escrita como medio de expresión e comunicación.
Ø Coñecer
algunas das aves da contorna.
Ø Aprender
a traballar en equipo dende o concepto da colaboración e participación.
Ø Resolver
autónomamente determinadas situación.
- CONTIDOS.
Ø Observación
directa e sistemática das aves.
Ø Discriminación
e clasificación das aves atendendo as súas características.
Ø Planificación
secuencida para resolver tarefas.
Ø Textos
orais; contos, adiviñas,poesías…..
Ø Resolución
de problemas a través da investigación.
Ø Dialogos,
charlas e debates.
Ø Elaboramos
un libro das aves.
Ø Aprendemos
cancións.
Ø Elaboramos
o noso disfraz.
- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
v Concretar
exemplos nos que a vida humana actúe positiva ou negativamente sobre o medio.
v Recoñecer
e identificar diferentes tipos de aves.
v Planificar
e realizar diferentes tipos de pequenas investigación.
v Actuar
autónomamente en diferentes situacións de conflicto.
v Formular
situacións problemáticas.
v Participar
en situacións de comunicación,dirixidas e espontáneas.
v Narrar
e describir diferentes situacións.
- COMPETENCIAS BÁSICAS.
As competencias
básicas traballadas no noso proxecto foron:
1.
Competencia en comunicación lingüística.
2.
Competencia matemática.
3.
Competencia no coñecemento e interacción col mundo
físico.
4.
Tratamiento da información e competencia digital.
5.
Competencia social e cidadá.
6.
Competencia cultural e artística.
7.
Competencia para aprender a aprender.
8.
Autonomía e iniciativa persoal.
6. INDICADORES DA AVALIACIÓN.
ü
Realiza
investigación autónomamente.
ü
Actúa
con curiosidade.
ü
Resolve
situacións, conflictos problemas,….
ü
Comunícase
de xeito fluido
ü
Exprésase
de xeito claro e ordeado.
ü
Coida
e respeta o medio.
7. METODOLOXIA.
Neste proxecto plantexamosnos as
seguintes esstratexias metodolóxicas
ü Método expositivo-interrogativo, a
través desta metodoloxía presentamos a información xa elaborada os nosos
alumnos. O seu soporte fundamental é a linguaxe oral.
ü Estrategia indagadora, a través dela,
pretendemos cos nenos se enfrenten a situacions novas e problemáticas, nas que
deban utilizar reflexivamente os seus coñeeimentos previos e contrastarlos cos
que vai a adquirir.
ü Con respecto a l organización que
realizaremos cos nosos alumnos a hora de
traballar, debemos expresar que formaremos grupos pequeños o grandes e incluso
se realizarán actividades de forma individual.
ü Por outra parte, é convinte resaltar
que, a metodoloxía será activa.
8.
MATERIAIS E RECURSOS.
Utilizamos
todos os medios dos que disponemos no centro (aulas, Biblioteca, TICS,….) así
como todo tipo de material, funxible, reciclado…, e tamén utilizamos os
recursos e materiais do entorno.
9.
VALORACION.
A
valoración do noso proxecto foi moi positiva xa que despertou o interés dos
nenos e sobre todo disfrutaron e divertíronse moito.O noso obxec tivo foi
intentar englobar dentro do proxecto todos os campos que puidésemos abarcar e
fomentar a participación e colaboración de todos os nenos.
26 may 2014
Letras Galegas 2014: Ler conta moito.
Manuel Solla presentounos unha actividade de animación a a lectura.
Dramatizou o conto: Persecución Feroz.
Podedes ver neste vídeo o final da actuación que nos gustou moito.
11 may 2014
Investigando e lendo: Sadako e as mil grúas de papel
Cando Sadako tiña dous anos, unha bomba atómica caeu sobre a súa cidade, Hiroshima en Xapón.
Despois de dez anos, cando ela tiña doce anos de idade, era unha gran deportista
pero despois dunha caída ,os doutores no hospital descubriron que ela tiña leucemia, un tipo de cancro causado pola bomba atómica.
cando Sadako está no hospital, a súa amiga Chizuko contalla a historia das mil grúas de papel. A historia é que se estás enfermo e fas mil grúas de papel, os deuses curarante da enfermidade que tes. Así é que Sadako fixo unha meta de facer mil grúas de papel. Non obstante, cando ela morreu só tiña 644 grúas completadas...
Tres anos despois de que morreu, os nenos de toda a súa cidade, Hiroshima, dedicaron unha estatua dela cunha grúa na súa man nun parque. Sadako e as mil grúas agora son un símbolo de paz para todo o mundo.
Podedes ver nestes dous vídeos como traballamos este libro os alumnos de 5º e 6º e os debuxos que fixemos,
Despois de dez anos, cando ela tiña doce anos de idade, era unha gran deportista
pero despois dunha caída ,os doutores no hospital descubriron que ela tiña leucemia, un tipo de cancro causado pola bomba atómica.
cando Sadako está no hospital, a súa amiga Chizuko contalla a historia das mil grúas de papel. A historia é que se estás enfermo e fas mil grúas de papel, os deuses curarante da enfermidade que tes. Así é que Sadako fixo unha meta de facer mil grúas de papel. Non obstante, cando ela morreu só tiña 644 grúas completadas...
Tres anos despois de que morreu, os nenos de toda a súa cidade, Hiroshima, dedicaron unha estatua dela cunha grúa na súa man nun parque. Sadako e as mil grúas agora son un símbolo de paz para todo o mundo.
Podedes ver nestes dous vídeos como traballamos este libro os alumnos de 5º e 6º e os debuxos que fixemos,
8 may 2014
Día do libro. A maleta da avoa.
o día do libro veunos ver unha chica chamada Raquel Queizás.
Tiña moitas cousas nunha maleta da súa avoa.
Os Planetas do Sistema Solar.
Nerea e Mario fixemos este vídeo para que repasedes os planetas Sistema Solar.
O río Miño.
Os numerosos ríos galegos en xeral, excepto o Miño, son curtos,pero levan bastante auga durante todo o ano debido ás chuvia abundantes.
-O río Miño e o seu afluente o Sil son os máis longos de Galicia, e recollen as augas da metade do territorio da comunidade.
O Miño ten a súa cabeceira na serra de Meira e percorre 310 quilómetros ata a desembocadura na Guarda, na provincia de Pontevedra. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense. Claudia e Adriana G. 3º
7 may 2014
Telefabola: Niños en forma de copa.
Podedes ver neste orixinal noticieiro como Elena, Antía e Aroa nos contan como son os niños en forma de copa.
Mundo cooperante.
Mundo cooperante como en anos anteriores acudiu a nosa biblioteca facer dúas actividades relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero.
Aos de infantil contoulles As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Aos de infantil contoulles As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Contando aos maiores. |
Exposición |
Contando o conto |
Simón en Africa.
A nai de Mario, Ana Belén contounos o conto : Simón en Africa, que nos gustou moito.
Convidamos este trimeste a todos os nosos familiares a vir contarnos un conto. Grazas.
Convidamos este trimeste a todos os nosos familiares a vir contarnos un conto. Grazas.
Recital de poesía.
O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da poesía, e por iso todos os nenos que quixeron prepararon diferentes poemas para un recital. Abaixo tedes o vídeo de como resultou. Tedes que perdoar os erros, recitar é tamén un arte , e non somos profesionais.
6 may 2014
Contamos un conto: Bebé Bigotes.
Os nenos de 3º iniciamos os xoves pola tarde no recreo de comedor a ler e representar os "Best-seller" da Casiña de Fabola.Empezamos por Bebé Bigotes , que podedes ler aquí na biblioteca ou tamén levalo para a casa e contarllo as vosas familias.
Si pinchades no vídeo podedes ver a grabación en directo e nunha soa toma que fixemos.
Rato Tom e Rata Tomasa.
Os nenos e nenas de 4º contaron e representaron o conto: Rato Tom e Rata Tomasa, que está a vosa disposición aquí na Casa de Fabola.
28 abr 2014
AS PROFES CONTACONTOS
As profes Sandra, Lucía, Dina, Elvira
e Rocío contaron un conto cada unha para todos os nenos que quixeron
vir velas. Son grandes narradoras.Elena 6º
Elvira contounos Unha familia de cangrexos. |
Rocío contounos A ratiña presumida. |
Lucía contounas A gata con botas. |
Dina contounos A nena do saco. |
Sandra contounos O coelliño branco. |
VENDO CINE NA CASA DE FABOLA
Vimos este corto. Gustounos moito, gañou un "goya" ao mellor corto de animación.
Tratábase dunha nena que andaba en silla de rodas e outra nena fíxose amiga dela...
É unha historia de superación e comprensión.Non deixedes de vela e de picar en" me gusta".
Elena 6º