CHORACHE CAROLINA
O argumento central podería ser o
seguinte: "Ela nunca facía o que
quería porque se plegaba sempre a aceptar o que desexaba él. De tanto dicir "vale" perdeu o valor e él pensou
que non era nada". Contraponse permanentemente ese VALE ao necesario NON.
Tomouse como referente unha peza
tradicional galega e pediuse aos nenos cambiar a letra valorando que a muller
galega tamén estivo sempre nunha situación de desigualdade.
A continuación analízanse catro
situacións cotiás nas que unha mamá, a de calquera neno ou nena e polo tanto
unha persoa moi querida, nunca pode facer
o que ela decide porque asinte a todo e non se fai valer:
Mamá mercou un vestido novo e vaise
poñer guapa para sair pero o traxe queda colgado sen usar porque ao papá non
lle gusta e a mamá dice "vale" porque non sabe dicir "NON"
A mesma situación se repite noutra
situación habitual, ir tomar un café coas amigas, á que novamente renuncia sen
protestar...sen mediar violencia e cun tranquilo "vale".
Un terceiro episodio, normal e sen
violencia, ocorre cando despois de traballar ambos, un descansa e outro non.
Todos estes casos nos que a mamá cede
teñen repercusión no seguinte onde xa o pai berra cando ela fai algo mal. Os
nenos e nenas foron percibindo como o feito de non dicir NON leva a perder esa
posición de igualdade necesaria e como consecuencia leva ao seguinte episodio
dramático onde xa non hai remedio.
A última escena onde a nena pensa na
súa propia vida e como dicir NON a pequenas cousasw evita males no futuro,
reflexa o valor da educación das nenas e os nenos para acabar coa desigualdade
e a violencia de xénero.
E TI, SABES DICIR NON?
.E TI, SABES DICIR NON?
A idea central da imaxe é a
prevención da violencia a través do empoderamento das persoas que reciben o
trato desigual (as mulleres) e a toma de conciencia de todos sobre eses xestos
que, nun principio non son censurados como violentos, pero que acaban levándonos á situación
intolerable de mortes por violencia machista.
En
cada unha das situacións que se representa os nenos foron analizando a palabra
NON como unha capacidade que debe de ter a persoa, neste caso as mulleres e as
propias nenas para rebelarse e parar todas aquelas actitudes que pretendan
privarlles dun dereito: ser coma os seus compañeiros en todos os aspectos e facerse
valer á par que os demáis membros de xénero masculino. Repartir o traballo
doméstico foi elexido como un exemplo dos máis elementais pero calquera
renuncia imposta nos gustos e maneira de
ser foi igualmente analizada.
A pregunta recurrente
"E ti sabes dicir NON?" pretende facer unha toma de conciencia sobre
un mesmo. As nenas para analizar se algunha situación que ven e lles sucede a
elas, súas nais, súas avoas ten esa resposta necesaria de NON. Os nenos para
rexeitar, igualmente eses privilexios que non son lexítimos pois agreden a
outros. Esa toma de conciencia será o que mude actitudes nos nenos e nenas e
nos leve a unha educación na igualdade.
Pararse a pensar coma a
nena sentada na silla e tomar a decisión de dicir NON a cada pequeno abuso e,
por suposto a situacións de violencia directa a traves do teléfono 016
permitiranos impedir situacións dramáticas como a da imaxe central onde unha
muller, que pode ser unha nai , a de calquera, foi asasinada. Cando na imaxe do lado parecía
tan normal e había un abuso ao que non dixemos NON.
No hay comentarios:
Publicar un comentario