Coa colaboración de Voz Natura quixemos facer unha carballeira nun recuncho do noso patio. Aquí vos queda o vídeo no que o guión e montaxe foi realizado polos alumnos de 5º e 6º.
Tamén vos deixamos a definición e caracteristicas de esta árbore tan importante para a conservación do entorno galego que atopamos na Galipedia .
Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos.
Os Querci(carballos) medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.
Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia. De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.
As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro ou o eucalipto; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.