4 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Aquí tedes a biografía que fixemos, grazas por participar, que xa sei que tedes moito traballo.





Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 
1990).
Este autor é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura en galego ao longo do século XX.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos. 

Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués. 

Aquí podedes atopar actividades e Xogos para que vos acheguedes a  súa vida e a súa obra .https://primaveradasletras. sgal/


As actividades que propoñemos dende a biblioteca para lembrar a este autor, son as seguintes:
-1.Elabora a portada dun libro de Carballo Calero que ao teu parecer é importante.  Podes utilizar este modelo ou un  que debuxes ti.



Aqui tedes algúns que vades mandando.
















-2. Ricardo Carballo Calero cando era neno tamén tiña sonos, Despois de investigar na súa obra , cales poderían ser?
 Podes completar a ficha coas túas conclusións

Esta é a portada do noso conto