Dende a biblioteca traballamos a obra da autora coas seguintes actividades.
1.Exposición e estudo da súa obra literaria e do seus traballos de traductora. Como podedes ver contamos coas edicións orixinais da autora, que completamos coa adquisición de libros publicados para conmemorar estas datas.
2.Traballamos o libro Darío a diario ilustrando e lendo os versos que se podían axeitar aos alumnos e alumnas do noso centro.
3. Colaboramos ao fomento do galego realizando carteis publicitarios.