Este curso Fabola está encantada cos seus novos veciñ@s. Son uns nen@s moi alegres e divertidos. Todos os días o primeiro que fan e entrar na biblioteca e repartir un conto para cada un.
Unha estupenda forma de empezar a xornada.
Tanto lles gustan os libros que teñen unha caixa máxica.
Traballamos os libros de Elmer.
Elmer é un fermoso conto que axuda a aceptar as diferencias, o valor da amizade e a inclusión.
Como podedes ver neste blog o curso pasado os nen@s de 4º de infantil fixeron un amigo chamado Blanquiño.
Pero este ano Blanquiño non volveu pola aula, estivemos días e días buscando nel.
Aínda que non apareceu observamos a flora e a fauna que temos no noso patio.
Foi moi divertido e aprendimos moito das formigas, xoaniñas, arañas...Elaboramos esta segunda parte do conto con imaxes grabadas ao longo do curso. Esperamos que vos guste moito.
Por certo, que pasará con Blanquiño o curso que ven?
Por si non lembrades a historia de Blanquiño podedes vela neste vídeo de cando tiñamos tres anos.
Como imos facendo cada ano, os alumn@s de E.I. son moi importantes para a biblioteca.
Un libro que lles encantou foi O Principiño.
Tanto lles gustou que fixeron unha segunda parte chamada O principiño viaxa pola galaxia Azul.
Aqui tedes fotos de como imos creando e compoñendo o noso traballo e un adianto en forma de booktrailer. Contamos rematar o vídeo esta semana. Estade moi atentos!!!