20 may 2024

Letras Galegas 2024. O GLOBO DE PAPEL

 Un dos obxectivos deste curso é analizar e clasificar o noso fondo histórico de libros.

Habilitamos un local para almacenalo e preservalo, xa que temos libros moi valiosos.


Así é como atopamos, polo menos de momento, o máis antigo é O globo de papel. Conto de Elisa Vives de Fábregas ilustrado por Fina Rifá e traducido ao galego por Xohana Torres.

É un libro de Editorial Galaxia de 1966.

Non sabemos de que escola de Lourenzá procede, pero a pesar de que por aqueles anos todo o ensino impartíase en castelán; un profesor ou profesora preocupouse de comprar para a biblioteca un conto en galego que ademais tiña exercicios, vocabulario e actividades.

Estamos nun tempo en que temos centos de libros e materiais en galego tanto de ficción como de información.

Neste Día das letras Galegas queremos homenaxear aos mestres e mestras que falaron, escribiron e fomentaron o uso do galego nas aulas, nunha época que non era fácil e moitas persoas pensaban que o galego era unha lingua de paletos.

Fixemos as actividades que propoñia o libro.

É un conto de 1966 cando Luisa Villalta tiña nove anos. Si queres saber si lle gustou mira o vídeo que fixemos. 





  





19 may 2024

Os contos da Poceira

  Non podemos esquecer que os animais son tamén unha fonte de inspiración para a creación de contos e historias fantásticas.

Propuxemos ao alumnado que, ademais de observar as características e calidades dos habitantes e veciños da poceira, crease un conto para os seus compañeiros.

Aquí tedes algúns exemplos. Iremos publicando máis no que queda de curso.
















Club da Ciencia. Unha poceira chea de vida

 Ao longo deste curso, desde a biblioteca , colaboramos no club da Ciencia, con distintas actividades e propostas dirixidas a todo o alumnado do centro.




A creación e posta en marcha dunha charca no colexio, permitiunos observar a evolución da vida desde o comezo.

Ao mesmo tempo foi tamén un eixo vertebrador para a observación de plantas e animais que viven no noso patio.


Obsevamos e estudamos, tanto os animais da contorna : formigas, bolboretas ou escaravellos, como os que se criarán na propia poceira : ras, cágados, sapos e tritóns.



Documentámonos con fondos e materiais  da biblioteca e tamén adquirimos novos recursos.








O alumnado realizou vídeos , presentacións e carteis nos que dunha forma sinxela e clara achegábase aos animais que viven no noso patio.