Un lugar máxico onde atopar todos os mundos posibles,
onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

29 oct. 2017

Curso 2017/ 18

Benvidos un ano máis a nosa biblioteca.Lembrade que este espazo do colexio está aberto a todos e que nel podedes disfrutar da maxia da lectura; que vos permite sen saír de Lourenzá, viaxar no tempo e no espazo.


Comprobamos que vides con moitas ganas de entrar na biblioteca,para gozar dun intre de lectura nos recreos  da mañá e de tarde.
Podedes utilizar os ordenadores  para entrar neste blog e acceder a actividades que foron deseñadas para aumentar a velocidade lectora, crear un cómic; ou xogar mentres poñedes en práctica os vosos coñecementos sobre as normas ortográficas.

Tamén podedes vir rematar algunha tarefa pendente, e poder ir máis tranquilos ás actividades da tarde.


Ata para evadirse e atopar un espazo tranquilo, á hora na que hai máis ruído no colexio.
Estamos encantados de contar nos recreos, coa vosa presenza sempre voluntaria, nunha biblioteca que segue medrando en número de libros e de lectores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario