Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, que como sabedes foi unha idea do noso escritor Francisco Fernández del Riego.
Este ano a autora homenaxeada é Luisa Villalta. Esta muller era ademais de escritora. Violinista e profesora de galego nun instituto.
Cando Luisa era só unha nena nas clase de lingua castelá, descubriu os Caligramas.
Un caligrama é un poema que non só lese, senón que tamén se ve. As letras toman forma e relaciónanse co que o poema di.
"Gustábanlle porque ela sempre amou xogar coas palabras e atopar novas formas de crear poesía."
Luisa tamén foi das primeiras profesoras de galego. Empezou o seu traballo polo 1988.
No fondo histórico da biblioteca atopamos o primeiro libro que utilizaron os nenos e nenas deste colexio para estudar galego: chámase Campo e mar aberto ( 1ª edición 1975) da escritora Dora Vázquez.
Por iso escollemos algúns dos seus poemas , como homenaxe non só a Luisa Villalta senon a todo o profesorado que se preocupou de que o galego formase parte da nosa vida escolar.
Neste vídeo podedes ver o noso recital.
Sete haikus de Luisa Villalta
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQhCWXgdwWnN9Lz7t__pA27CNRzPwR0dgbS5fGpY9gXqZT6H4CMICCYngrumlN15sXJk10iX5NHgn3o8I_K33U-7_y85FZYsIOcSOTyM_lX3FJew5JvW3na8NST5TDMu8iNV6t2QcLr6Qk4T_mP-ZvCEhDsRjGvHB0H0yFbrGdU8VwJ7rPMgxXe9DSNEm-/w654-h310/haiku%201.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario