Se hai algo que nos queda claro despois de ver o traballo de 6º de Primaria, é que a Clara Peeters gustáballe merendar...
Nesta obra, os nosos alumnos e alumnas debuxaron un bodegón que dá moita fame:
Montañas de queixo: ¡Un por riba do outro! Porque sabemos que o queixo é o rei de calquera merenda saudable e enerxética.
A xarra e o pan: O acompañamento perfecto para este banquete tan artístico.
O coitelo detective: Unha vez máis, atopamos o famoso coitelo onde Clara escribía o seu nome para reivindicar que as mulleres tamén eran grandes mestras da pintura. 🖋️🔪
No vídeo de stop motion, veredes como se vai montando este "puzzle" de queixos. Despois de ver este vídeo, seguro que a máis de un lle van entrar ganas de ir correndo á cociña a preparar unha merenda coma a de Clara.
Benvidos ao banquete de 6º Non esquezades o pan!

No hay comentarios:
Publicar un comentario