
Queremos celebrar este día lembrando as nosas escritoras favoritas con un cartel.
Eleximos estas autoras que estes últimos anos nos visitaron lembrando os consellos que nos deron.
E tamén lembramos á escritora favorita de Don Paco.
O 17 de Maio de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos dedicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas a Rosalía de Castro foi unha idea do noso veciño Don Francisco Fernández del Riego.
Este que vedes deseñouno Hajar unha alumna de sexto de primaria. Homenaxeando a unha das súas escritoras favoritas. Parabéns!!
Benvidos e benvidas un curso máis a biblioteca do cole.
Como xa sabedes o ano
2023 é moi importante para o noso pobo.
O noso veciño máis
ilustre, Francisco Fernández del Riego, ao que todos chamaban Don Paco, é o
autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Irémosvos contando a
súa vida, pensamentos e inquedanzas ao longo do curso.
E ao mesmo tempo
iremos amosando o noso concello. Aqui naceu, vivíu
e soñou dende a súa
fiestra : unha Galicia orgullosa da súa lingua.
Polo ano 1998 foi o pregoeiro da festa.
Como podedes ler no texto, sempre levou Lourenzá no seu corazón.
Os alumnos e alumnas de 5º de E.P. ilustraron e resumiron estas palabras nestes carteis e vídeo.
-Desconecta da tecnoloxía e vive aventuras nos libros que che gusten.
-Visita a biblioteca do concello, hai libros chulísimos esperándote.
-Deixa un pouco de tempo para ler cada día.
O equipo de Biblioteca desexávos a todos un feliz verán.
Os alumn@s de 5º traballaron especialmente este curso a publicidade e os elementos dun cartel e de unha campaña publicitaria, xa que tamén é unha forma de arte.
Deseñamos a campaña: “VIVE LOURENZÁ”.
Tratamos de mostrar diferentes elementos que definen ao noso pobo: Historia, festas, deporte, cultura, gastronomía…
Rematamos levándolla á alcaldesa que agradeceu o noso traballo.
Este curso Fabola está encantada cos seus novos veciñ@s. Son uns nen@s moi alegres e divertidos. Todos os días o primeiro que fan e entrar na biblioteca e repartir un conto para cada un.
Unha estupenda forma de empezar a xornada.
Como podedes ver neste blog o curso pasado os nen@s de 4º de infantil fixeron un amigo chamado Blanquiño.
Pero este ano Blanquiño non volveu pola aula, estivemos días e días buscando nel.
Aínda que non apareceu observamos a flora e a fauna que temos no noso patio.
Foi moi divertido e aprendimos moito das formigas, xoaniñas, arañas...Elaboramos esta segunda parte do conto con imaxes grabadas ao longo do curso. Esperamos que vos guste moito.
Por certo, que pasará con Blanquiño o curso que ven?