Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

7 nov 2022

Mes da ciencia

 




Paula e Claudia recomendan a biografía de Isabel Zendal. Unha enfermeira que tivo unha vida adicada á ciencia, especialmente as vacinas. Podedes collelo na biblioteca.
Dende o curso pasado  traballamos  especialmente a difusión dos experimentos relacionados coa biodiversidade .
Este curso , dende a biblioteca , queremos animarvos a que sigades investigando.
Por esta razón os alumnos e alumnas de 5º deseñaron este LABORATORIO MÓVIL. Podedes encontrar ferramentas básicas  ( microscopio, tubos de ensaio, probetas, frascos de mesturas), bibliografía, ordenador, tableta e cámara de vídeo.
Esta listo para que o levedes a calquer sitio do colexio e vos facilite as vosas investigacións.



 




4 nov 2022

Samaín na biblioteca

Aquí tedes estes carteis e debuxos que fixemos esta semana, para celebrar estas datas. 
Moitos de nós viñemos disfrazados dos nosos personaxes favoritos. A que damos un pouco de medo?



 Estes debuxos tan chulos están feitos polos nenos e nenas de 1º de E.P. co ordenador. Están aprendendo a utilizar o programa  Tux Paint. 
Parabéns,   aos deseñadores gráficos!!!






Tamén queremos lembrar este fermoso e divertido traballo que fixeron os nenos de 5º.





 

27 oct 2022

IGUÁLA-T: Paco e as pantasmas

Para este tempo de Samaín, propuxemos para todos os nenos de primaria que se imaxinasen unha historia de Samaín, cando Francisco Fernández del Riego, era só un neno que xogaba nas rúas de Lourenzá.
Esta é a proposta dos nenos e nenas de 2º de E.P.
 Un sinxelo traballo no que historia, decorados, personaxes i efectos especiais foron deseñados por eles.
Esperamos que vos guste.


24 oct 2022

Día da biblioteca 2022

Hoxe é ó día da biblioteca dende a casiña de fabola fixemos estes carteliño , FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA.





20 oct 2022

É tempo de medo...


 

  Alumnos/as e profes seleccionamos estos libros para que pasedes un pouco de medo e moitaaaaa risa!!

E tamén vos animamos a que veñades polas tardes a crear a vosa historia terrorífica!
Os nenos e nenas de  4º  de infantil do  xa fixeron un fermoso álbum ilustrado: As pantasmas do Juan Rey.



14 oct 2022

Día das escritoras 2022

 Queremos celebrar este día lembrando as nosas escritoras favoritas con un cartel.

Eleximos estas autoras que estes  últimos anos nos visitaron lembrando os consellos que nos deron.



E tamén lembramos á escritora favorita de Don Paco.

O 17 de Maio de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos dedicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas a Rosalía de Castro foi unha idea do noso veciño Don Francisco Fernández del Riego.




Este que vedes deseñouno Hajar unha alumna de sexto de primaria. Homenaxeando a unha das súas escritoras favoritas. Parabéns!!





2 oct 2022

Dende a fiestra de Don Paco

 

Benvidos e benvidas un curso máis a biblioteca do cole.

Como xa sabedes o ano 2023 é moi importante para o noso pobo.

O noso veciño máis ilustre, Francisco Fernández del Riego, ao que todos chamaban Don Paco, é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Irémosvos contando a súa vida, pensamentos e inquedanzas ao longo do curso.

E ao mesmo tempo iremos amosando o noso concello. Aqui naceu, vivíu

e soñou dende a súa fiestra : unha Galicia orgullosa da súa lingua.

Polo ano 1998 foi  o pregoeiro da festa.

Como podedes ler no texto, sempre levou Lourenzá no seu corazón.

Os alumnos e alumnas de 5º de E.P. ilustraron e resumiron estas palabras nestes carteis e vídeo.




 











18 sept 2022

Curso 2022-23




 Xa sabedes que estivemos en obras. Estamos preparando a biblioteca para que podades ler, crear e investigar un curso máis.


23 jun 2022

Recomendacións lectoras do Equipo de Biblioteca

 

-Desconecta da tecnoloxía e vive      aventuras nos libros que che gusten.

-Visita a biblioteca do concello, hai   libros chulísimos esperándote.

-Deixa un pouco de tempo  para ler   cada día.

 O equipo de Biblioteca desexávos a todos un feliz verán. 


A voz de Fabola nº 4

 

10 jun 2022

Vive Lourenzá!!!

 

Os alumn@s de 5º traballaron especialmente este curso a publicidade e os elementos dun cartel e de unha campaña publicitaria, xa que tamén  é unha forma de arte.

Deseñamos a campaña: “VIVE LOURENZÁ”.

Tratamos de mostrar diferentes elementos que definen ao noso pobo: Historia, festas, deporte, cultura, gastronomía…

Rematamos levándolla á alcaldesa que agradeceu o noso traballo.













 

4 jun 2022

A caixa máxica

 Este curso Fabola está encantada cos seus novos veciñ@s. Son uns nen@s moi alegres e divertidos. Todos os días  o primeiro que fan e entrar na biblioteca e repartir un conto para cada un. 

Unha estupenda forma de empezar a xornada.


 Tanto lles gustan os libros que teñen unha caixa máxica.


Traballamos os libros de Elmer.
Elmer é un fermoso conto que axuda a aceptar as diferencias, o valor da amizade e a inclusión.










Buscando a Blanquiño.

 Como podedes ver neste blog o curso pasado os nen@s de 4º de infantil fixeron un amigo chamado Blanquiño. 

Pero este ano Blanquiño non volveu pola aula, estivemos días e días buscando nel.

Aínda que non apareceu observamos a flora e a fauna que temos no noso patio.

Foi moi divertido e aprendimos moito das formigas, xoaniñas, arañas...Elaboramos esta segunda parte do conto con imaxes grabadas ao longo do curso. Esperamos que vos guste moito.

Por certo, que pasará con Blanquiño o curso que ven?












Por si non lembrades a historia de Blanquiño podedes vela neste vídeo de cando tiñamos tres anos.