Mil sabores, unha soa paz: A nosa receita da convivencia
Na nosa biblioteca cremos que a paz se constrúe compartindo o mellor de cada un de nós. Por iso, para celebrar o Día da Paz, o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Biblioteca unimos forzas nun proxecto cheo de cor e sabor.
Baixo o lema "Mil sabores, unha soa paz", o noso alumnado debuxou eses pratos especiais que nas súas casas son sinónimo de festa e alegría. Desde receitas galegas e españolas ata sabores de Marrocos, Romanía, Portugal, Colombia ou China.
A través da comida, descubrimos que, aínda que as receitas cambien, a felicidade de compartir a mesa é igual en todas as culturas.
Mandalas de mil linguas
Para completar o noso mural, decoramos mandalas moi especiais. Nelas, a palabra PAZ brilla en todos os idiomas que se falan nas familias do noso cole. É emocionante ver como a nosa lingua convive con tantas outras, demostrando que o respecto e a amizade non entenden de fronteiras.
"A paz non é só unha palabra, é un prato que cociñamos entre todos cada día no noso centro."




No hay comentarios:
Publicar un comentario