Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

14 jun 2012

UN CONTACONTOS NA BILIOTECA

Onte tivemos visita na biblioteca.
Veu un contacontos para os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.




Estivo con nós nunha sesión na que puidemos participar e interactuar co contacontos no relato das historias.




As mestras estiveron con nós  e pasámolo xenial. Fabola, coma sempre, acompañounos nesta nova activiade.



31 may 2012

A NOSA HOMENAXE A VALENTÍN PAZ ANDRADE

Como xa sabedes, este ano adicamos o día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade. Dende a Biblioteca, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e os Equipos de Ciclo do noso centro fixemos esta homenaxe.


Na aula de tres anos personalizaron  
coas súas fotos as ovellas de Bernardino.



Os alumnos e alumnas de 5 anos recordáronnos nun calendario a data na do día das Letras Galegas cunha ilustración do poema "O Canteiro".

 
  
A aula de 1º de primaria recreou algunha portada
 da obra de Valentín.




 Os alumn@s de 3º ilustraron unha estrofa da " Cantiga Matinal de Samil" da Sementeira do Vento.



Os alumn@s de 4º de primaria 
recordáronnos a quen se lle adicaron as Letras Galegas dende o seu comezo ata o día de hoxe.






Os alumn@s de 5º recrearon  a " Cantarela do Camiñante"





E os de 6º fixeron un mural alusivo ao pastor Bernardino.


29 may 2012

O RATO VIRIATO

Fabola está moi leda porque xa rematou o seu primeiro conto.


FACEMOS UN MURAL

Os alumn@s de 2º curso de primaria do Ceip Juan Rey fixemos un mural. Estes son os pasos que seguimos.

CUÉNTAME UN CUENTO

Los alumnos y alumnas de 2º de primaria nos cuentan un cuento. Este cuento lo podrás encontrar en la biblioteca " A casiña de Fabola" del Ceip Juan Rey .


24 may 2012

AS MESTRAS VOLTAN AO COLE



Como remate da actividade do Día do Libro na que se recolleron coplas, lendas , refráns, adiviñas e retahílas, tivemos unha visita...


Maruxa e Amanda, antigas mestras do noso cole, viñeron a contarnos dous contos: un de risa e un de medo.


Foi unha actividade que nos gustou a todos, a grandes e a pequenos. Agradecémoslles a súa colaboración e esperámolas para outra ocasión.

22 may 2012

Coplas, lendas, refráns, adiviñas, retahílas...

Dende a biblioteca e co motivo do Día do Libro, o pasado 25 de Abril, os alumnos e alumnas do Ceip Juan Rey  recolleron diversos textos de tradición oral. Colaboraron familiares e amigos. Esta idea artellouse dende o Recuncho de Creación.