Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

24 abr 2016

Día do Libro. Tertulia literaria. Sabela Núñez Singala

O venres 22 veunos visitar Sabela Núñez Singala.
Gustounos moito coñecer á escritora dun libro que nós xa leramos: O agasallo de Ania. 



 Para irnos coñecendo Sabela  contounos un conto O soño de Xiana, que nos fixo reflexionar e coñecer a vida en Ucraína, que nos encantou. Esperemos que axiña se converta tamén nun libro.

 E despois falamos e comentamos o libro que leramos os alumnos de 5º e 6º: O Agasallo de Anya
Esta historia encantounos e sorprendeunos que a escritora tivera obxectos que formaban parte da historia e que nós recoñecimos .



Moitas grazas Sabela !!!



Fabola encantada de coñecer unha escritora !!!

Día do libro .400 anos da morte de Cervates.

Para lembrar ao xenial escritor e a súa obra máis importante: Don Quixote.  Programamos diferentes actividades durante todo o mes de abril.
Aquí tedes un adianto do que fixemos para o Día do Libro.
Os alumnos de 6º que están realizando un proxecto sobre Cervantes decidiron confeccionar uns marcapáxinas deseñados por eles.
O venres 22 de abril, despois de moito traballo agasallaron a toda a comunidade esducativa con un. 



Os alumnos de 3º elaboraron e crearon este fermosa obra de monicreques.





Día do Libro. Don Quixote

Os nenos de infantil e 1º e 2º viñeron ler un pouco do xenial libro.
Tamén adornaron a biblioteca cós muiños da novela, si miras como Don Quixote ves xigantes , pero si tes a mirada de Sancho Panza ves muiños.
E fixemos este mural, para onde irán Don Quixote e Sancho?