Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Mostrando entradas con la etiqueta Traballamos na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballamos na casa. Mostrar todas las entradas

15 abr 2020

Actividades Día do Libro

 Como en anos anteriores a Consellería de Educación adicoullo a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Propóñovos as seguinte actividade:
1. Facede clik na nena que tedes abaixo.
2. Elexide o libro que vos guste.
3. Podedes facer un debuxo e mandarmo para publicar. 
4.Tamén podedes enviarme a vosa crítica.
5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"


23 mar 2020

Todo vai ir ben. Traballando dende a casa.

Con este vídeo toda a comunidade educativa quere sumarse a esta campaña de ilusión e esperanza debuxando un arco da vella. 
Os nenos  nenas de 4 anos amosan a súa ilusión e animan a todos a quedar na casa en diferentes linguas:galego, castelán e marroquí porque este virus non distingue nin razas nin fronteiras.
Grazas polos vosos traballos.