Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

22 jun 2018

Mar Adiante , buscando a táboa do 7

Dende o curso pasado vimos axeitando unha obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas ao noso cole.
Para este curso eleximos esta fermosa obra de Mª Victoria Moreno.
 Os alumnos de 6º de Infantil rematan esta etapa con unha viaxe imaxinaria polo mundo. Esperamos que vos guste, si queredes vela en formato libro non deixedes de visitarnos. Aquí podedes ver diferentes fragmentos e no vídeo a historia completa.







Letras Galegas 2018


Dende a biblioteca ofreceuse a todo o alumnado unha selección da obra de Mª Victoria Moreno adaptada a Infantil e Primaria.
Contamos coa colaboración da biblioteca municipal que  puxo a nosa disposición os títulos que nos faltaban ou tiñamos poucos exemplares.
Cada curso  de Infantil e de primaria elaborou diferentes murais , da vida e a obra de Mª Victoria Moreno.
Rematamos a xornada con un recital de poesía e música  que podedes ver nestes vídeos.