Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

22 mar 2026

Reivindicando o talento feminino: Clara Peeters no Día da Muller

Este 8 de marzo, na biblioteca celebramos o Día da Muller cunha protagonista moi especial: a pintora Clara Peeters.

Aínda que hoxe é famosa, na súa época as mulleres non o tiñan nada fácil para ser artistas. Clara foi unha muller valente que demostrou que o talento non ten xénero, pintando uns bodegóns de alimentos tan reais que parece que se poden comer!

  • Coñecemos a súa historia: Os nosos bibliotecarios auxiliares prepararon un vídeo xenial sobre a súa vida para que todos os alumnos e alumnas souberamos quen foi esta muller pioneira.

O gran festín de queixo de 6º de Primaria

Se hai algo que nos queda claro despois de ver o traballo de 6º de Primaria, é que a Clara Peeters gustáballe merendar... 

Nesta obra, os nosos alumnos e alumnas debuxaron un bodegón que dá moita fame:

  • Montañas de queixo: ¡Un por riba do outro! Porque sabemos que o queixo é o rei de calquera merenda saudable e enerxética. 

  • A xarra e o pan: O acompañamento perfecto para este banquete tan artístico.

  • O coitelo detective: Unha vez máis, atopamos o famoso coitelo onde Clara escribía o seu nome para reivindicar que as mulleres tamén eran grandes mestras da pintura. 🖋️🔪

No vídeo de stop motion, veredes como se vai montando este "puzzle" de queixos. Despois de ver este vídeo, seguro que a máis de un lle van entrar ganas de ir correndo á cociña a preparar unha merenda coma a de Clara.

Benvidos ao banquete de 6º Non esquezades o pan! 




"Cesta de froitas, floreiro e vaixela" 5º E.P.

 Os artistas de 5º de Primaria puxéronse as lentes de detective para recrear esta "Cesta de froitas, floreiro e vaixela". O resultado é espectacular, pero... coidado! Se vos fixades ben, este cadro ten un detalle moi especial.

Sabedes que facía Clara Peeters para que ninguén esquecese que ela era a autora? Agochaba o seu nome no coitelo!

Naquela época, as mulleres non o tiñan nada fácil para asinar os seus cadros, así que Clara era unha experta en "camuflar" a súa sinatura. Os nosos alumnos e alumnas de 5º aprenderon este truco e debuxaron cada froita, cada flor e cada obxecto con moitísima precisión para que a súa obra fose tan importante coma a de Clara.

No vídeo de stop motion de 5º, poderedes ver como se monta este bodegón cheo de historia e valentía.Buscade ben o coitelo, que por aí anda o rastro dunha gran muller!





Unha merenda de luxo 2º E.P.

 

Na clase de 2º de Primaria puxéronse elegantes para celebrar o Día da Muller con Clara Peeters. Pero non pensedes que foi unha tarde calquera... Foi unha merenda real!

Os nosos artistas fixaron a súa propia versión deste cadro tan famoso e non lle falta detalle:

  • Flores de cores: Para que a mesa arrecenda de marabilla. 

  • Cousas ricas: Galletas e froitos secos para que ninguén quede con fame. 

  • Copas e xarras: Incluso debuxaron o licor para brindar pola nosa pintora favorita! 

No seu vídeo de stop motion, poderedes ver como esta merenda vai aparecendo na mesa coma se fose por arte de maxia.




Unha visita inesperada no bodegón de 6º de Infantil

 Os artistas de 6º de Infantil tamén quixeron render homenaxe a Clara Peeters e puxéronse mans á obra cun fruteiro cheo de cor. Pintaron unhas peras ben doces, mazás vermellas e uvas que daban ganas de probalas! 🍇

Pero neste cadro de Clara había un segredo... unhas abelás agochadas! 🌰

E claro, co cheiro de tanta froita rica e froitos secos, apareceu por alí un esquío moi espelido. Sabedes que fixo? Pois non o pensou dúas veces: entre salto e salto, o esquío foise comendo todas as nosas abelás mentres nós as pintabamos! 🐿️💨

Non vos perdades o noso vídeo de stop motion para ver como desaparece o banquete nun abrir e pechar de ollos. A arte de Clara Peeters nunca foi tan divertida!






O gato de Clara . 5º de E.I.

En 5º de Infantil, decidimos ser artistas coma Clara Peeters. Mans á obra! Comezamos a pintar un cadro precioso cheo de peixes frescos e camaróns saltaríns. Todo ía de marabilla e os nosos debuxos quedaban limpos e ordenados, tal e como lle gustaban a Clara.

Pero... Ai, que desfeita! 🙀

Ninguén se decatou de que polo colexio andaba un gatiño larpeiro con moita fame. Mentres nós pintabamos con moito coidado, o miau foise achegando amodo, miau a miau... e comeu o noso cadro!

Queredes ver como desaparecen os peixes entre os seus bigotes? Non perdades o noso vídeo de stop motion. É unha aventura para lamber os dedos!