Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

22 feb 2025

Día de Rosalía 2025: ABRIDE A FIESTRA QUE QUERO VER O MAR.

 Como sabedes este curso as actividades do colexio van centradas no mundo do mar.

Desde a biblioteca lembramos a frase de Rosalía: " abride a fiestra que quero ver o mar".

Contan que cando a escritora estaba moi enferma pedía aos seus familiares sentir e ver o mar.

Por iso os carteis levan unha fiestra aberta con versos da autora sobre o mar.

Igual que o curso pasado fomos polo pobo recitando versos da autora e colocando os nosos carteis en institucións e comercios da nosa vila.


Os alumnos e alumnas  de 4º de E.I. deseñaron un cartel que homenaxea aos emigrantes cando se ían para América. Debuxaron un barco de pasaxeiros , puxeron cunchas e a foto de Rosalía na praia.
Deixaron o cartel no punto de atención á infancia de Lourenzá.


O alumnado de 5º de E.I. deseñou un cartel con un  tesouro  no fondo do mar. O cofre contén as obras de Rosalía máis importantes.

O alumnado debuxou estrelas de mar e lembraron os versos das estreliñas da autora.

O seu cartel foi colocado na administración de lotería de Vilanova.



O alumnado de 6º de E.I. deseñou un cartel con unha nena na praia. No horizonte pequenos barcos de pesca. 

Este cartel é unha homenaxe a novela da autora: La hija del mar.

Aínda que é unha novela para adultos, lembramos ao alumnado como era a vida das mulleres que vendían peixe en Galicia ao longo de moitos anos.

Deixaron o cartel na zapatería Charlot de Vilanova de lourenzá.



Aquí nos tedes lendo a Rosalía, a nosa escritora máis universal. Fabola con libros de Rosalía o  exemplar máis antigo ten xa oitenta anos.


E desde aquí queremos dar as grazas a todos os que visualizaron  o noso vídeo de Rosalía . 
Levamos máis de once mil visitas. FELIZ DÍA DE ROSALÍA 2025




No hay comentarios:

Publicar un comentario