Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

26 oct 2023

Tempo de Samaín

 Desde a biblioteca convidámoste á lectura de revistas e libros que temos para ti. 


Hoxe o alumnado de 3º de E.P. estiveron buscando cabazas, pantasmas, esqueletos....

Atoparon esta obra de arte dun escultor de Estados Unidos chamado Adam Bierton. 

Que vos parece si deixades voar a vosa imaxinción e escribides unha historia con ela? Esperamos os vosos relatos de Samaín.


24 oct 2023

Dia da Biblioteca 2023


Nesta ocasión, desde a biblioteca queremos unirnos a esta celebración propoñendo tres actividades acerca das bibliotecas e a orixe desta efeméride.

1. Os nosos valentes lectores e lectoras deberán cumprir unha misión a través dun xogo de pistas e resolver "o misterio do libro desaparecido".

Prema na foto e busca os libros perdidos da Biblioteca.
2. Elaborar un cartel co lema "Tecendo Comunidades". Seguro que vos queda moi bonito!!


 
 Cartel deseñado por Breixo 4º
HIBA 3º

ASSIA 3º



3. Os máis lectores da Biblio seguro que sabedes contestar