Estas festas, o equipo da Biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) unimos forzas para encher o noso centro de ilusión e espírito do Nadal. Aproveitando que estamos a traballar a temática dos alimentos, propuxémoslles aos nosos alumnos e alumnas un reto moi especial: decorar a súa propia galleta de Nadal.
Pero estas non son unhas galletas calquera! No seu interior, cada neno e nena gardou tres desexos moi importantes:
✨ Un desexo para eles mesmos.
❤️ Un desexo para a súa familia.
🌍 Un desexo para todo o mundo.
É emocionante ver como a nosa lingua serve para expresar os mellores sentimentos e como a creatividade rebordou en cada debuxo. Grazas a todos e todas por participar e por facer que este Nadal saiba a solidariedade e a esperanza!

No hay comentarios:
Publicar un comentario