Presentamos ao noso equipo de Bibliotecarios e Bibliotecarias Auxiliares! Unha biblioteca non funciona soa!
Detrás de cada libro ben colocado, de cada préstamo e de cada actividade divertida, hai un equipo incrible de axudantes. Este curso temos a sorte de contar con Martina, Nerea, Ainhoa, Nour-Ham, Paula, Aleixo, Breixo, Valeria e Ana Luisa como os nosos bibliotecarios e bibliotecarias auxiliares.
A súa colaboración é fundamental e o seu traballo é o motor para que a nosa biblioteca estea sempre viva e lista para vos recibir.
Eles e elas axudan a que todo vaia sobre rodas, son os nosos mellores conselleiros e os encargados de coidar este espazo máis que especial. Dámoslles as grazas polo seu tempo e dedicación. Sen o seu esforzo, as actividades e o funcionamento diario da biblioteca non serían posibles! Vémonos na biblioteca!

No hay comentarios:
Publicar un comentario