Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

13 nov 2026

A maxia do Samaín chegou á Biblioteca

 Este mes estamos a tope na biblioteca. Nós, os bibliotecarios e bibliotecarias auxiliares, puxémonos mans á obra para preparar unha animación á lectura que mola moito: montamos unha exposición con toda a colección de libros de Harry Potter e seleccionamos un montón de historias máis dese estilo que vos van enganchar dende a primeira páxina.

Entre cabazas, pantasmas e misterios por resolver, ides ver que a verdadeira maxia de Samaín non se bebe... ¡ese! Porque non hai feitizo máis potente que un bo libro para viaxar a outros mundos e pasar un intre divertido (e con susto incluído). 


Un conto de terror... ¡en podcast!

Por se fora pouco con toda a liada mágica que montamos, apeteceunos ir máis alá. Así que metámonos  a escritores e escritoras: escribimos e gravamos o noso propio conto de terror!

Pronto o imos publicar na canle da biblioteca para que  o escoitedes ben agachados debaixo da manta. Preparade os auriculares porque vos vai poñer os pelos de punta! 

"Palabras, feitizos e monstros creados por nós mesmos para celebrar o mes máis terrorífico do ano."

Estade moi atentos ao blog e á canle para non perderdes o estrea. Mentres tanto... cal é o libro co que vós ides celebrar este Samaín? Deixádenos un comentario! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario