Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

19 mar 2026

Fabola na festa da Faba

 n dos nosos obxectivos este curso é explorar os ALIMENTOS dende todos os recunchos, e as nosas bibliotecarias auxiliares xa se puxeron "mans á obra"!

Queremos darlle os nosos parabéns e un enorme agradecemento a Ana Luisa, Nerea e Martina, que traballaron como reporteiros oficiais da biblioteca na recente Festa da Faba!

Estas tres compañeiras fixeron un magnífico traballo, realizando unha gran reportaxe fotográfica que nos achega a tradición, o ambiente e o produto estrela desta festa. O seu esforzo axúdanos a enriquecer a nosa temática anual e a coñecer mellor a cultura galega. Grazas, rapazas Parabéns polo voso traballo! Podedes ver este traballo pinchando aquí:Fabola na festa da Faba



No hay comentarios:

Publicar un comentario