Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

31 mar 2021

Marzo, mes da muller na biblio

Estas son parte das actividades e traballos que publicamos na biblio este  mes de marzo .

1."NOSOTRAS"

Nos fondos da biblioteca atopamos estas dúas " xoias bibliográficas, son  de 1949 e 1964.  


Estes libros teñen unha visión da muller moi diferente a de hoxe en día , os alumnos de 4º e 5º analizaron e debatiron a vida da muller no ano 1964 e na actualide.


Os resultados das nosas investigacións podedes analizalos neste libro que fixemos.








2- CIENTÍFICAS GALEGAS. SONIA VILLAPOL.

Investigamos a súa biografía como exemplo de muller científica elaborando sinxelos carteis os alumn@s de 1º e 2º.


3- CAMIÑO DA IGUALDADE.

Os alumn@s de 3 elaboraon este libro no que plasman con sinxelos debuxos o que é a igualdade na vida diaria.





Fixeron tamén unha línea de tempo da evolución dos dereitos da muller.



Aúltima parte do libro analizamos e recollimos as novas que apareceron na prensa da mariña esta semana .



Podedes ver un resumo neste vídeo:

4.TODAS IAMOS A SER RAÍÑAS.

Como sabedes este curso lembramos e poñemos en valor as mulleres poetas.
Analizamos, reflexionamos, traducimos ao galego e ilustramos este fermoso poema da premio Nobel Gabriela Mistral
A conclusión á que chegamos é que  todas as persoas deben traballar para que se cumpran as súas ilusións e non esperar que unha parella solucióneo todo...







5- ACTUALIZACIÓN DE FONDOS IGUALDADE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario