Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

26 nov 2015

CHARLA : O MEL DE GALICIA



O martes pasado veu Beatriz e falounos do mel e das abellas.
Aprendimos que para fabricar o mel  necesitanse tres cousas:
-A abella melífera(Apis Mellifera)
-Flores para recolectar o néctar.
-A colmea para fabricar o mel.


















Tamén agora sabemos que   nunha colmea hai tres tipos de abellas:
- abella raiña ,que manda na colmea. 
- abellas obreiras , as que traballan, hai miles
.-zánganos, os que fecundan a raiña.

En Galicia hai 4 tipos de mel :
-Eucalipto.
-Castiñeiro.
-Queiroa.
-E silva.           
O apicultor é o encargado de recoller o mel da colmea .
Cando o panal está cuberto de cera indica que o mel está listo para recoller.
Entón o apicultor prepara o seu equipo formado por:
traxe axeitado,botas,luvas,espátula,pinzas,afumador...e comeza os catro pasos da recollida do mel
1 -Desopercular(quitar a cera)
2-Extración(métense os panais nunha máquina que ao xirar valeira o mel)
3-Ponse a madurar e deixase repousar.
4-Envásase


23 nov 2015

150 anos con Alicia.


Para celebrar os 150 anos da publicación deste fermoso libro de Lewis Carroll, os alumnos de 6º contáronllo aos máis pequenos.
Lembrade que na biblioteca temos este libro en galego, en castelán e en inglés . É un tempo xenial para ler e imaxinar, non deixedes de visitarnos.

O público entregado!!!
Alicia e o coello están a vosa disposición, gazas polos debuxos!!!





30 oct 2015

Día da Biblioteca.




A mellor forma de celebrar este día é vir á biblioteca . No noso cole está aberta nos recreos e sodes moitos os que a visitades, grazas a todos!!!
Esta última semana de outubro lembramos o importante que é ler e ter libros.
Por iso comentamos e limos o libro O neno comelibros de Oliver Jeffers.

Este curso queremos que cada día un neno dos maiores conte un conto aos pequenos, ata agora non fallamos ningún día. Xa vos iremos contando!



"Sempre hai un neno para ler e motos para escoitar."
                                 
                                                 "Ler é moi divertido"
Elaboramos marcapáxinas  moi orixinais para saber onde deixamos a nosa aventura.




                                 





A mellor forma de celebrar o día da biblioteca é vir ler un libro, GRAZAS!!!



7 oct 2015

Fabola viaxa ao espazo.

Estamos preparando actividades moi divertidas , non deixedes de visitar a nosa biblioteca este mes.

25 sept 2015

Protexendo o Camiño.

Patrocinado polo concello viñeron a nosa biblioteca Carlos e Quique que nos falaron da importancia de coidar o Camiño.
Coñecimos a Peregrina e Iago, que van percorrendo as vilas polas que pasa os peregrinos ata chegar a Santiago.
Gustounos moito, e  aprendimos o sinxelo e divertido que é ilustrar un conto.


Este foi o fermoso traballo qu Carlos e Quique nos deixaron,
Moitas grazas!!




Nós tamén sabemos ilustrar!!





Protexede o Camiño, é de todos!.

22 sept 2015

Gravamos un disco: Fabola a raíña de Lourenzá.

Ao cantante Esteban González gustoulle moito Fabola, e compúxolle unha canción .Gravamos a canción  na biblioteca e foi unha experiencia moi interesante na que participamos toda a comunidade educativa e aprendimos todo o proceso como si fosemos profesionais.





Javier, Antonio, Mercedes e Machicha
puxeron os instrumentos.
Esteban González dando indicacións
Participamos alumnos de todos os cursos

Nerea ,antiga alumna colaborando coa súa voz.





















Os preparativos e o resultado podedes velo nestes vídeos, pero non deixedes de  vir cantar e bailar con Fabola  na Festa da Faba que se celebra no noso concello os día 2,3 e 4 de outubro.