Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

30 jun 2016

Viaxamos ao Espazo con Fabola.

 Para rematar o  curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos unha exposición que abarcou dende o Big Bang ata a Estación Espacial Internacional.
 Recopilamos todo o que tiñamos e elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos adaptados aos nosos alumnos/as.  Despois de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén  un cosmógrafo, un atlas do espazo e un telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre emprestado e con lista de espera. 
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo  podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.


Esta é a nosa " Mochila do Espazo" 


Aquí tedes os murais feitos por todos:
Así empezou todo...

Fabola Astronauta

A Galaxia
Sistema Solar

                                                                                   
Exposición de fondos 


                                         

           
Tamén vimos unha peli muda que nos encantou!!!
Fixemos tamén debuxos e contos.