Na clase de 2º de Primaria puxéronse elegantes para celebrar o Día da Muller con Clara Peeters. Pero non pensedes que foi unha tarde calquera... Foi unha merenda real!
Os nosos artistas fixaron a súa propia versión deste cadro tan famoso e non lle falta detalle:
Flores de cores: Para que a mesa arrecenda de marabilla.
Cousas ricas: Galletas e froitos secos para que ninguén quede con fame.
Copas e xarras: Incluso debuxaron o licor para brindar pola nosa pintora favorita!
No seu vídeo de stop motion, poderedes ver como esta merenda vai aparecendo na mesa coma se fose por arte de maxia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario