Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

12 nov 2026

Curso 26-27

 Benvidos e benvidas a un novo curso escolar na biblioteca!

Este ano abrimos as portas a un curso fascinante, cheo de misterio, ilusión e moita fantasía. Baixo o lema «Lourenzá Mágica», transformaremos o noso espazo nun recuncho onde a verdadeira maxia non se fai con variñas nin con conxuros, senón coa mellor ferramenta que existe: os libros e a lectura.

Entre os andeis da nosa biblioteca agardan historias capaces de facerte voar sen saír do sitio, viaxar no tempo, descubrir segredos esquecidos e espertar a túa imaxinación. Cada páxina que abras será unha nova aventura por descubrir.

Prepara os teus ollos de curiosidade e déixate levar polo abraio. O viaxe comeza xa... Preparaos para vivir un ano inesquecible!

Que comece a maxia en Lourenzá!



No hay comentarios:

Publicar un comentario