Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

11 feb 2023

IGUÁLA-T: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA




Imos celebrar este día lembrando a Marie Curie, unha das mulleres científicas máis importantes da historia. Podedes vela neste vídeo que fixemos.


Na actualidade hai moitas mulleres científicas. Este ano 2023 queremos achegarnos a vida de Amparo Alonso .Lembramos este día visibilizando os logros e o traballo de mulleres galegas na ciencia. Aquí tedes a súa biografía con actividades.