Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

1 mar 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Un ano máis na biblioteca do colexio lembramos e investigamos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis imortante.

Como vimos facendo este curso dende 2º de E.P.  plasmamos o noso trraballo nun" lapbook"individual   da escritora.

Tamén lemos, recitamos e  ilustramos versos  que engadimos ao noso libro VERSOS E POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.

Con toda o material que elaboramos os alumnos de 6º realizaron este vídeo. A música foi axuda da profe Julia e dos nenos e nenas de 2º. Esperamos que vos guste e grazas por participar.



















PAZ 2921

Este curso xa sabedes que non facemos murais por seguridade. Xa que estamos en pandemia e preferimos traballo individual .

Para lembras este día todos os alumnos de primaria investigaron dúas das figuras máis importantes e representativas da paz mundial:Gandhi e Martin Luther King. Despois realizamos un " lapbooks, "podedes ver aquí as fotos.