Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

23 jun 2021

Felices vacacións

 O equipo de Biblioteca desexávos a todos un feliz verán.

Desconecta da tecnoloxía e vive aventuras nos libros que che gusten.

En setembro coñecerás a ...




 

Pirulí

Catalogando os fondos da biblioteca atopamos esta xoia literaria, é unha primeira edición do libro Pirulí de Gloria Fuertes de 1960.  Pensamos que para rematar  infantil, nada mellor que  lembrar as poesías que recitaban  os nosos avós.  Dende a biblioteca agradecemos a súa particiación .






 

20 jun 2021

Branquiño e Criatura chegan ao cole Juan Rey

Os alumnos e alumnas de tres anos elaboraron un conto coas súas experiencias vividas este primeiro ano de colexio.

Crearon un personaxe que os acompañará toda esta etapa e que podedes ver no vídeo.

 






Criatura

 

Os alumnos e alumnas de 4 anos traballaron  o misterio e a intriga co seu conto Criatura, que se resolverá o curso vindeiro.





Coñecendo escritoras: Antía Yáñez

O 24 de maio veu visitarnos esta gran escritora, encantounos a súa charla, e deunos moi bos consellos aos que soñamos con ser escitores ou escritoras .