Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

15 nov 2014

Telefabola. Magosto 2014

O xoves 6 de novenbro , celebramos o magosto no cole. Nesta nova edición de Telefabola, os alumnos e alumnas de 6º elaboramos un vídeo no que vos contamos o que facemos este día.
 Ao final cantamos en directo unha canción popular destas datas que nos ensinou Sina, a nosa profe de música. Grazas a todos.

3 nov 2014

Catibola e seu irmán.





                          Unha nova aventura da familia de Fabola, esperamos que vos guste.


27 jun 2014

Proxecto dos niños










1.    XUSTIFICACIÓN.
O tema do noso proxecto xurde cando unha nena da aula de 4 anos cóntalle a súa titora cos seus pais fixeron unha viaxe a Francia e trouxéronlle un niño artificial de paxaros. Partindo deste punto os nosos nenos empezan a facer preguntas como; qué é un niño?, para qué sirve?, quén o fai?, con qué?..... E o equipo do ciclo de Infantil decidimos, nunha reunión de ciclo,que tiñamos que ponernos a investigar cos nenos todas esas interrogantes e así nace o noso proxecto co nome de “O niño de Cecilia” e que foi desenvol ó longo do 3º trimestre do curso.


O noso primeiro paso foi traballar na asamblea o tema e comprobar cales eran as ideas previas que os nosos nenos posuian. Unha vez valorado chegamos a conclusión de que, en xeral, as ideas previas eran moi pobres e tomamos esta valoración como punto de partida do noso proxecto para establecer as metas que queríamos perseguir, a selección de contidos, os recursos e materiais e a planificación do noso traballo.
2.    OBXECTIVOS.
OBXECTIVO XERAL: Observar o seu entorno máis inmediato, identificando as características dos elementos co forman, mostrando unha actitude de curiosidade e coidado do mesmo.
OBXECTIVOS:
Ø  Planificar e secuenciar as propias acción
Ø  Planificar e ordear a súa acción en función da información recibida.
Ø  Valorar a importancia so medio natural e a súa calidade para a vida.
Ø  Utilizar a linguaxe oral e escrita como medio de expresión e comunicación.
Ø  Coñecer algunas das aves da contorna.
Ø  Aprender a traballar en equipo dende o concepto da colaboración e participación.
Ø  Resolver autónomamente determinadas situación.

  1. CONTIDOS.
Ø  Observación directa e sistemática das aves.
Ø  Discriminación e clasificación das aves atendendo as súas características.
Ø  Planificación secuencida para resolver tarefas.
Ø  Textos orais; contos, adiviñas,poesías…..
Ø  Resolución de problemas a través da investigación.
Ø  Dialogos, charlas e debates.
Ø  Elaboramos un libro das aves.
Ø  Aprendemos cancións.
Ø  Elaboramos o noso disfraz.
Ø  Observación e conservación da contorna.


  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
v  Concretar exemplos nos que a vida humana actúe positiva ou negativamente sobre o medio.
v  Recoñecer e identificar diferentes tipos de aves.
v  Planificar e realizar diferentes tipos de pequenas investigación.
v  Actuar autónomamente en diferentes situacións de conflicto.
v  Formular situacións problemáticas.
v  Participar en situacións de comunicación,dirixidas e espontáneas.
v  Narrar e describir diferentes situacións.
v  Utilizar as TICS  como recurso.


  1. COMPETENCIAS BÁSICAS.
As competencias básicas traballadas no noso proxecto foron:
1.    Competencia en comunicación lingüística.
2.    Competencia matemática.
3.    Competencia no coñecemento e interacción col mundo físico.
4.    Tratamiento da información e competencia digital.
5.    Competencia social e cidadá.
6.    Competencia cultural e artística.
7.    Competencia para aprender a aprender.
8.    Autonomía e iniciativa persoal.

6.    INDICADORES DA AVALIACIÓN.

ü  Realiza investigación autónomamente.
ü  Actúa con curiosidade.
ü  Resolve situacións, conflictos problemas,….
ü  Comunícase de xeito fluido
ü  Exprésase de xeito claro e ordeado.
ü  Coida e respeta o medio.

7.    METODOLOXIA.
Neste proxecto plantexamosnos as seguintes esstratexias metodolóxicas
ü  Método expositivo-interrogativo, a través desta metodoloxía presentamos a información xa elaborada os nosos alumnos. O seu soporte fundamental é a linguaxe oral.
ü  Estrategia indagadora, a través dela, pretendemos cos nenos se enfrenten a situacions novas e problemáticas, nas que deban utilizar reflexivamente os seus coñeeimentos previos e contrastarlos cos que vai a adquirir.
ü  Con respecto a l organización que realizaremos cos nosos alumnos a  hora de traballar, debemos expresar que formaremos grupos pequeños o grandes e incluso se realizarán actividades de forma individual.
ü  Por outra parte, é convinte resaltar que, a metodoloxía será activa.
8.    MATERIAIS E RECURSOS.
Utilizamos todos os medios dos que disponemos no centro (aulas, Biblioteca, TICS,….) así como todo tipo de material, funxible, reciclado…, e tamén utilizamos os recursos e materiais do entorno.

9.    VALORACION.
A valoración do noso proxecto foi moi positiva xa que despertou o interés dos nenos e sobre todo disfrutaron e divertíronse moito.O noso obxec tivo foi intentar englobar dentro do proxecto todos os campos que puidésemos abarcar e fomentar a participación e colaboración de todos os nenos.
Os nenos tiveron a oportunidades de disfrutalo e vivilo con interese.

26 may 2014

Letras Galegas 2014: Ler conta moito.

Manuel Solla presentounos unha actividade de animación a a lectura.
Dramatizou o conto: Persecución Feroz.
 Podedes ver neste vídeo o final da actuación que nos gustou moito.




Tamén Tivemos unha charla de Alfonso Blanco da asocición cultural Xermolos, que nos falou de Díaz Castro, autor ao que foi dedicado este ano a festa das nosas letras.
Resultou moi interesante xa que este profesor coñeceu persoalmente ao escritor e traductor grazas por vir.
Alfonso Blanco


11 may 2014

Investigando e lendo: Sadako e as mil grúas de papel

Cando Sadako  tiña dous anos, unha bomba atómica caeu sobre a súa cidade, Hiroshima en Xapón.



 Despois de dez anos, cando ela tiña doce anos de idade, era unha gran deportista 




 pero  despois dunha caída ,os doutores no hospital descubriron que ela tiña leucemia, un tipo de cancro causado pola bomba atómica.


cando Sadako está no hospital, a súa amiga Chizuko contalla a historia das mil grúas de papel. A historia é que se estás enfermo e fas mil grúas de papel, os deuses curarante da enfermidade que tes. Así é que Sadako fixo unha meta de facer mil grúas de papel. Non obstante, cando ela morreu só tiña 644 grúas completadas...
Tres anos despois de que  morreu, os nenos de toda a súa cidade, Hiroshima, dedicaron unha estatua dela cunha grúa na súa man nun parque.  Sadako e as mil grúas agora son un símbolo de paz para todo o mundo.

 Podedes ver nestes dous vídeos como traballamos este libro os alumnos de 5º e 6º e os debuxos que fixemos,



Periquito e as súas forzas.

Aquí tedes o conto que nos contou Enma , a nai de Sara, moitas grazas por vir.

8 may 2014

Día do libro. A maleta da avoa.

o  día do libro veunos ver  unha chica chamada Raquel Queizás.
Tiña moitas cousas nunha maleta da súa avoa.

Os Planetas do Sistema Solar.

Nerea e Mario fixemos este vídeo para que repasedes os planetas Sistema Solar.

A rotación da Terra.

Fixen esta ficha para que teñades claro que é o movemento de rotación da Terra.
Diego E 3º.

O río Miño.


                                                   
Os numerosos ríos galegos en xeral, excepto o Miño, son curtos,pero levan bastante auga durante todo o ano debido ás chuvia abundantes.

-O río Miño e o seu afluente o Sil son os máis longos de Galicia, e recollen as augas da metade do territorio da comunidade.
O Miño ten a súa cabeceira na serra de Meira e percorre 310 quilómetros ata a desembocadura na Guarda, na provincia de Pontevedra. Pasa polas cidades de Lugo e Ourense. Claudia e Adriana G. 3º

7 may 2014

Telefabola: Niños en forma de copa.

Podedes ver neste orixinal noticieiro como Elena, Antía e Aroa nos contan como son os niños en forma de copa.

Mundo cooperante.

Mundo cooperante como en anos anteriores acudiu a nosa biblioteca facer dúas actividades relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero.
Aos de infantil contoulles  As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Contando aos maiores.

Exposición

Contando o conto




Simón en Africa.

A nai de Mario, Ana Belén contounos o conto : Simón en Africa, que nos gustou moito.
Convidamos este trimeste a todos os nosos familiares a vir contarnos un conto. Grazas.


Recital de poesía.

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da poesía, e por iso todos os nenos que quixeron prepararon diferentes poemas para un recital. Abaixo tedes o vídeo de como resultou. Tedes que perdoar os erros, recitar é tamén un arte , e non somos profesionais.

6 may 2014

Contamos un conto: Bebé Bigotes.

Os nenos de 3º iniciamos os xoves pola tarde no recreo de comedor a ler e representar os "Best-seller" da Casiña de Fabola. 
      Empezamos por Bebé Bigotes , que podedes ler aquí na biblioteca ou tamén levalo para a casa e contarllo as vosas familias.

 Si pinchades no vídeo podedes ver a grabación en directo e nunha soa toma que fixemos.

Rato Tom e Rata Tomasa.

Os nenos e nenas de 4º contaron e representaron o conto: Rato Tom e Rata Tomasa, que está a vosa disposición aquí na Casa de Fabola. 


Coma sempre gravamos en directo e nunha soa toma a nosa  versión, pinchade no vídeo para velo.
                                  

28 abr 2014

AS PROFES CONTACONTOS

As profes Sandra, Lucía, Dina, Elvira e Rocío contaron un conto cada unha para todos os nenos que quixeron vir velas. Son  grandes narradoras.Elena 6º
Elvira contounos Unha familia de cangrexos.

Rocío contounos  A ratiña presumida.

Lucía contounas A gata con botas.

Dina contounos A nena do saco.

Sandra contounos O coelliño branco.

VENDO CINE NA CASA DE FABOLA


Vimos este corto. Gustounos moito, gañou un "goya" ao mellor corto de animación.
Tratábase dunha nena que andaba en silla de rodas e outra nena fíxose amiga dela...
É unha historia de superación e comprensión.Non deixedes de vela e de picar en" me gusta".
 Elena 6º

28 mar 2014

Contos para ver e escoitar: Corre corre, Cabaciña.

Os nenos de 4º e 5º de primaria representaron o conto " Corre corre cabaciña".