Estamos nun tempo de quedar na casa, por iso dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Estatísticas e recomendacións


Finaliza o curso escolar 2019/2020 e xa podemos consultar as estatísticas que xera o programa de xestión Meiga da nosa biblioteca  referentes aos libros e autores que máis lestes e ao número de préstamos individuais realizados por nivel desde a primeira quincena de setembro ata a segunda quincena de xuño. Lembrade tamén que, de forma simultánea a estes préstamos individuais, realizáronse préstamos a cada grupo-clase dos títulos que conforman o itinerario lector do centro.

O número de préstamos individuais foi moi alto ( a media foi de 40 libros por alumno)  e nisto influíu a posibilidade que estamos dando aos que sodes moi lectores de utilizar este servizo non só no horario que o voso grupo ten asignado cada semana, senón tamén durante o tempo de recreo de mañá e tarde. Con esta medida tratamos de facer que a nosa biblioteca se axeite mellor ao voso  ritmo de lectura. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario