Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

20 jun 2023

Escarlatines

 O equipo de Biblioteca do Ceip Juan Rey, agradece a toda a comunidade educativa a súa participación e colaboración en todas as actividades propostas.

Este curso empezamos a nosa aventura creando un club de lectura, ESCARLATINES. 

Formouse con lectores e lectoras de 3º, 5º e 6º de E.P.

O nome que eleximos é unha homenaxe a unha das súas escritoras favoritas: Ledicia Costas, que nos  visitou  fai xa catro anos. Acaban  de concederlle  a medalla Castelao. Parabéns!!!

O horario que puxemos foi os xoves despois de comer.

Lemos o libro  Dona Problemas do Hematocrítico.

No nos deu tempo  a ler outro. Xa que  nós tamén nos convertimos nas Dona Problemas do colexio, axudando a quen nos necesitaba alumnos e profesores especialmente nas actividades de Francisco F. del Riego. 

En setembro  retomamos o club si queredes anotarvos, nós imos repetir  Felices vacacións!!



LETRAS GALEGAS 2023

 Para nós foi tan importante que lle dedicaran o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego que o celebramos durante todo o curso. 



Nestes vídeos da RAG podes ver a nosa pequena colaboración.