Antonio García Teijeiro levounos ao fondo do mar, a coñecer sereas e a navegar polos sete mares.
O noso premio Fabola de poesía é para o seu libro Poemar o Mar, que xa no 2017 foi Premio Nacional de Poesía.
Todo o alumnado coñeceu e leu este libro.
O alumnado de 4º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Quere o mar o que non ten.
O alumnado de 5º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Unha serea poeta.
O alumnado de 6º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Neno raro.Despois eles tamén fixeron versos azul celeste e verde esmeralda que podedes ver ao final do vídeo.
O alumnado de E. P. tamén coñeceron e ilustraron a obra do autor aquí tedes debuxos e vídeos que iremos poñendo ao longo do curso. Grazas a todos por participar e ler poesía .

Nour-Ham creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Unhas coxégas ao mar.
Paula creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Sorrimar.
Jonathan e Xabi crearon este vídeo con debuxos feitos por eles do poema un , dous tres.
Estrella, Carmen, Bader e María recitan e crearon este vídeo con versos do autor .