Os artistas de 6º de Infantil tamén quixeron render homenaxe a Clara Peeters e puxéronse mans á obra cun fruteiro cheo de cor. Pintaron unhas peras ben doces, mazás vermellas e uvas que daban ganas de probalas! 🍇
Pero neste cadro de Clara había un segredo... unhas abelás agochadas! 🌰
E claro, co cheiro de tanta froita rica e froitos secos, apareceu por alí un esquío moi espelido. Sabedes que fixo? Pois non o pensou dúas veces: entre salto e salto, o esquío foise comendo todas as nosas abelás mentres nós as pintabamos! 🐿️💨
Non vos perdades o noso vídeo de stop motion para ver como desaparece o banquete nun abrir e pechar de ollos. A arte de Clara Peeters nunca foi tan divertida!

No hay comentarios:
Publicar un comentario