Como todos sabedes no recreo de comedor os luns temos o noso club de lectura.
Este curso dedicámolo a ler contos e historias que despois nós dramatizamos. Aquí podedes ver a versión de Carapuchiña creada por Aldara, Antía, Carol, Juan, Israe e Liam. Esperamos que vos guste e que polo menos vos divirta. Animarvos a crear e interpretar. Temos premios para todos !!!Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
4 nov 2024
20 jun 2023
Escarlatines
O equipo de Biblioteca do Ceip Juan Rey, agradece a toda a comunidade educativa a súa participación e colaboración en todas as actividades propostas.
Este curso empezamos a nosa aventura creando un club de lectura, ESCARLATINES.
Formouse con lectores e lectoras de 3º, 5º e 6º de E.P.
O nome que eleximos é unha homenaxe a unha das súas escritoras favoritas: Ledicia Costas, que nos visitou fai xa catro anos. Acaban de concederlle a medalla Castelao. Parabéns!!!
O horario que puxemos foi os xoves despois de comer.
Lemos o libro Dona Problemas do Hematocrítico.
No nos deu tempo a ler outro. Xa que nós tamén nos convertimos nas Dona Problemas do colexio, axudando a quen nos necesitaba alumnos e profesores especialmente nas actividades de Francisco F. del Riego.
En setembro retomamos o club si queredes anotarvos, nós imos repetir Felices vacacións!!