Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

22 feb 2025

Día de Rosalía 2025: ABRIDE A FIESTRA QUE QUERO VER O MAR.

 Como sabedes este curso as actividades do colexio van centradas no mundo do mar.

Desde a biblioteca lembramos a frase de Rosalía: " abride a fiestra que quero ver o mar".

Contan que cando a escritora estaba moi enferma pedía aos seus familiares sentir e ver o mar.

Por iso os carteis levan unha fiestra aberta con versos da autora sobre o mar.

Igual que o curso pasado fomos polo pobo recitando versos da autora e colocando os nosos carteis en institucións e comercios da nosa vila.


Os alumnos e alumnas  de 4º de E.I. deseñaron un cartel que homenaxea aos emigrantes cando se ían para América. Debuxaron un barco de pasaxeiros , puxeron cunchas e a foto de Rosalía na praia.
Deixaron o cartel no punto de atención á infancia de Lourenzá.


O alumnado de 5º de E.I. deseñou un cartel con un  tesouro  no fondo do mar. O cofre contén as obras de Rosalía máis importantes.

O alumnado debuxou estrelas de mar e lembraron os versos das estreliñas da autora.

O seu cartel foi colocado na administración de lotería de Vilanova.



O alumnado de 6º de E.I. deseñou un cartel con unha nena na praia. No horizonte pequenos barcos de pesca. 

Este cartel é unha homenaxe a novela da autora: La hija del mar.

Aínda que é unha novela para adultos, lembramos ao alumnado como era a vida das mulleres que vendían peixe en Galicia ao longo de moitos anos.

Deixaron o cartel na zapatería Charlot de Vilanova de lourenzá.



Aquí nos tedes lendo a Rosalía, a nosa escritora máis universal.
  

                  Fabola con libros de Rosalía o  exemplar máis antigo da nosa biblioteca  ten xa oitenta anos.


O alumnado de E.P. tamén elaborou os carteis.

Traballaron a obra de Rosalía e na clase de T.I.C. deseñaron e compuxeron os seus carteis. Parabéns!!!
                                                               Alumnado de 1º de E.P.

                                                    Alumnado de 2ºde E.P.

                                              Alumnado de 3º de E.P.

                                             Alumnado de 4º de E.P.

                                                                Alumnado de 5º de E.P.

                                                            Alumnado de 6º de E.P.


E desde aquí queremos dar as grazas a todos os que visualizaron  o noso vídeo de Rosalía . 
Levamos máis de once mil visitas. FELIZ DÍA DE ROSALÍA 2025