Durante esta semana na biblioteca, as profesoras Isabel, Mari Luz, Lucía e Chelo traballaron a poesía e a música popular de tradición oral. Os alumnos crearon rimas sinxelas sobre animais mariños. Despois puxéronlles un pouco de música con palmas e pandeiretas, como facían as cantareiras galegas.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
18 may 2025
16 may 2025
Letras Galegas 2025.NA BEIRA DO MAR. Cartel
Con Este cartel tan alegre convídamosvos a celebrar o Día das Letras Galegas cun concerto na praza de Lourenzá. A nena que vemos tocando a pandeireta podería ser calquera das nenas da nosa vila, gozando da música popular da nosa terra. Coa súa pandeireta e o seu sorriso, lémbranos a alegría das nosas cantigas e a riqueza da nosa cultura galega.
Pero hai máis neste cartel. Vemos tamén unha pescantina, unha muller forte e traballadora que representa a todas esas mulleres galegas que, ao longo da historia, transmitiron de xeración en xeración as melodías que despois se converteron nas cancións que hoxe coñecemos. Mulleres coma elas, co seu canto e a súa paixón, mantiveron viva a nosa música e a nosa tradición oral.
Con este cartel queremos celebrar a alegría da nosa música e tamén render homenaxe a todas esas mulleres que foron as verdadeiras gardiás do noso patrimonio musical. Agardámosvos para cantar e celebrar xuntos!"
12 may 2025
Os centolos: misteriosos habitantes do mar
Os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron unha misión moi divertida! Quixeron saber todo sobre un animal mariño que nos gusta moito comer en Galicia: o centolo!
Imaxinade un bichazo que camiña polo fondo do mar, agochado entre as rochas. Ten un caparazón duro e forte, coma unha armadura, e unhas patas longas con pinzas. Parece un pequeno monstro simpático!
Estes investigadores tan curiosos descubriron onde vive o centolo, que lle gusta comer (algas e outros animais mariños pequeniños) e como se move polo mar.
Foi unha aventura moi interesante coñecer os segredos deste marisco tan rico da nosa terra!
A gozar da praia coma uns campións... e coidando o planeta!
Os rapaces e rapazas de cuarto non só andaron a investigar centolos, amén se converteron en súper heroes da praia! Fixeron un vídeo con un montón de ideas xeniais para pasalo bomba na area e na auga... sen fastidiar nin un pouquiño o noso planeta!
Así que xa sabes, se queres ser o máis guay da praia este verán e ademais axudar a que siga sendo un lugar máxico, non podes perder este vídeo!
¡Dálle ao play, apréndeo e compárteo con todos os teus amigos! Xuntos podemos facer que as nosas praias sexan as máis divertidas e as máis limpas do mundo! 😉🌊☀️
Mar limpo, sardiñas felices
Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixeron un lapbook moi chulo sobre as sardiñas. Nel, mostran como son: de corpo longo e prateado, con aletas e un tamaño característico. Tamén contan onde viven, nos mares, movéndose en grandes grupos. Explican que comen e como se alimentan. Ademais, podemos ver como medran, desde larvas ata sardiñas adultas. Falan de por que son importantes no mar e para nós como alimento, explicando o boas que son e como se poden pescar coidando o mar. Un xeito moi creativo de aprender sobre as sardiñas!
Ademais do lapbook, os nenos e nenas de terceiro crearon un conto onde van nun barco a pescar sardiñas de xeito sostible. No relato, contan como buscan as sardiñas coidando o mar, que tipo de barco usan e como pescan só as que precisan, respectando o tamaño e sen danar outras especies nin o fondo mariño. Unha maneira moi chula de aprender a pescar sardiñas respectando a natureza!
Podedes velo tanto en vídeo como neste cartel.
Na Biblioteca tamén investigamos o mar
Na biblioteca do noso colexio, mergullámonos nunha fascinante viaxe para explorar e comprender a vida no mar. A través dunha emocionante investigación, descubrimos a incrible diversidade de criaturas que habitan os océanos, desde as maxestosas baleas ata os diminutos microorganismos. Aprendemos sobre os diferentes ecosistemas mariños, como os vibrantes arrecifes de coral e as misteriosas profundidades abisais. Ademais, investigamos os desafíos que enfronta a vida mariña, como a contaminación e o cambio climático, e reflexionamos sobre a importancia da conservación dos nosos océanos. Foi unha aventura de aprendizaxe realmente enriquecedora!
29 abr 2025
Actividades Día do Libro 2025
Para celebrar este día tan importante fixemos, como todos os anos, unha exposición da obra máis importante en lingua castelá: El Ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes.
21 abr 2025
Premio Fabola de poesía 2025

Nour-Ham creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Unhas coxégas ao mar.
Paula creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Sorrimar.
Jonathan e Xabi crearon este vídeo con debuxos feitos por eles do poema un , dous tres.
Estrella, Carmen, Bader e María recitan e crearon este vídeo con versos do autor .
3 abr 2025
Día do Libro Infantil: Mariña, a serea ecoloxista
Como todos os anos lembramos a obra de Hans C. Andersen con unha exposición.
Este ano que dedicamos ao mar, traballamos un dos seus contos máis famosos: A Sereiña.
Aínda que nós fixemos outra versíón .
A nosa serea chámase Mariña, é unha serea ecoloxista que con axuda dos seus amigos limpan e coidan do mar.
Está feito con debuxos do alumnado. Tamén utilizamos diferentes recursos e programas de deseño gráfico. Esperamos que vos guste.
Temos dúas versións unha para ler e outra en vídeo. Cal vos gusta máis?
2 abr 2025
Contos do mar
Propuxemos ao alumnado que crease personaxes relacionados co mar: piratas, sereas, baleas, mariñeiros ...todo o que quixesen.
Cando remataron foron colocados no mar de Fabola.
E así entre todos creamos miles de historias e vídeocontos que imos publicar ao longo do curso.
Grazas por participar!!!

Alumnado de 2º E.P. Liga Mariña
11 mar 2025
Expo mar
Lembrade que na biblio temos moitos libros de mar. Temos libros de información e de ficción.
Teño un barco de xoguete...,
Desde a biblioteca esperamos que ao longo do curso vos animedes a escribir, crear e ilustrar unha historia con sabor a mar. Lembrade que temos premios para todos os artistas do colexio.
6 mar 2025
As mulleres galegas e o mar
Na biblioteca analizamos a evolución da muller galega no traballo no mar. Podedes consultar no Arquivo de Galicia premando na foto.
Na actualidade as mulleres fan todo tipo de traballos. Pareceunos importante dar a coñecer a vida e obra da investigadora Ángeles Alvariño.
Lecturas Día da Muller.
Lembrade que na nosa biblioteca tedes moitos libros e materiais de todo tipo, para que vos informedes e disfrutedes deste día
22 feb 2025
Día de Rosalía 2025: ABRIDE A FIESTRA QUE QUERO VER O MAR.
Como sabedes este curso as actividades do colexio van centradas no mundo do mar.
Desde a biblioteca lembramos a frase de Rosalía: " abride a fiestra que quero ver o mar".
Contan que cando a escritora estaba moi enferma pedía aos seus familiares sentir e ver o mar.
Por iso os carteis levan unha fiestra aberta con versos da autora sobre o mar.
Igual que o curso pasado fomos polo pobo recitando versos da autora e colocando os nosos carteis en institucións e comercios da nosa vila.
O alumnado de 5º de E.I. deseñou un cartel con un tesouro no fondo do mar. O cofre contén as obras de Rosalía máis importantes.
O alumnado debuxou estrelas de mar e lembraron os versos das estreliñas da autora.
O seu cartel foi colocado na administración de lotería de Vilanova.
O alumnado de 6º de E.I. deseñou un cartel con unha nena na praia. No horizonte pequenos barcos de pesca.
Este cartel é unha homenaxe a novela da autora: La hija del mar.
Aínda que é unha novela para adultos, lembramos ao alumnado como era a vida das mulleres que vendían peixe en Galicia ao longo de moitos anos.