Para celebrar este día tan importante fixemos, como todos os anos, unha exposición da obra máis importante en lingua castelá: El Ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes.
O Alumnado de 6º contou e representou a súa obra Don Quijote en Lourenzá
Todo o colexio acudiu a nosa cita.
Foi unha xornada moi divertida. Ao alumnado pareceulle un pouco curta. Entón tivemos dúas sorpresas:
Dalia, unha alumna de 1º de E.P, con axuda dos seus compañeiros contou un conto chamado O viaxe das fadas. Un conto moi divertido que ela mesmo inventou para celebrar este día.
Tiago, un alumno de 6º de E.I. experto en Dinosaurios tamén nos contou unha aventura moi graciosa destes animais.
Izan, Noel e Adam remataron a xornada con adiviñas literarias e chistes.
Moitas grazas a todos por participar !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario