Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

29 nov 2019

25 de Novembro. Día internacional contra a violencia de xénero

Estas son as actividades que fixemos para traballar este tema dende a biblioteca e coa colaboración de toda a comunidade educativa.
 CHORACHE CAROLINA
O argumento central podería ser o seguinte: "Ela nunca facía o que quería porque se plegaba sempre a aceptar o que desexaba él. De tanto dicir "vale" perdeu o valor e él pensou que non era nada". Contraponse permanentemente ese VALE ao necesario NON.
Tomouse como referente unha peza tradicional galega e pediuse aos nenos cambiar a letra valorando que a muller galega tamén estivo sempre nunha situación de desigualdade.
A continuación analízanse catro situacións cotiás nas que unha mamá, a de calquera neno ou nena e polo tanto unha persoa moi querida, nunca pode facer  o que ela decide porque asinte a todo e non se fai valer:
Mamá mercou un vestido novo e vaise poñer guapa para sair pero o traxe queda colgado sen usar porque ao papá non lle gusta e a mamá dice "vale" porque non sabe dicir "NON"
A mesma situación se repite noutra situación habitual, ir tomar un café coas amigas, á que novamente renuncia sen protestar...sen mediar violencia e cun tranquilo "vale".
Un terceiro episodio, normal e sen violencia, ocorre cando despois de traballar ambos, un descansa e outro non.
Todos estes casos nos que a mamá cede teñen repercusión no seguinte onde xa o pai berra cando ela fai algo mal. Os nenos e nenas foron percibindo como o feito de non dicir NON leva a perder esa posición de igualdade necesaria e como consecuencia leva ao seguinte episodio dramático onde xa non hai remedio.
A última escena onde a nena pensa na súa propia vida e como dicir NON a pequenas cousasw evita males no futuro, reflexa o valor da educación das nenas e os nenos para acabar coa desigualdade e a violencia de xénero.
E TI, SABES DICIR NON?


A idea central da imaxe é a prevención da violencia a través do empoderamento das persoas que reciben o trato desigual (as mulleres) e a toma de conciencia de todos sobre eses xestos que, nun principio non son censurados como violentos,  pero que acaban levándonos á situación intolerable de mortes por violencia machista.
            En cada unha das situacións que se representa os nenos foron analizando a palabra NON como unha capacidade que debe de ter a persoa, neste caso as mulleres e as propias nenas para rebelarse e parar todas aquelas actitudes que pretendan privarlles dun dereito: ser coma os seus compañeiros en todos os aspectos e facerse valer á par que os demáis membros de xénero masculino. Repartir o traballo doméstico foi elexido como un exemplo dos máis elementais pero calquera renuncia imposta  nos gustos e maneira de ser foi igualmente analizada.
A pregunta recurrente "E ti sabes dicir NON?" pretende facer unha toma de conciencia sobre un mesmo. As nenas para analizar se algunha situación que ven e lles sucede a elas, súas nais, súas avoas ten esa resposta necesaria de NON. Os nenos para rexeitar, igualmente eses privilexios que non son lexítimos pois agreden a outros. Esa toma de conciencia será o que mude actitudes nos nenos e nenas e nos leve a unha educación na igualdade.

Pararse a pensar coma a nena sentada na silla e tomar a decisión de dicir NON a cada pequeno abuso e, por suposto a situacións de violencia directa a traves do teléfono 016 permitiranos impedir situacións dramáticas como a da imaxe central onde unha muller, que pode ser unha nai , a de calquera,  foi asasinada. Cando na imaxe do lado parecía tan normal e había un abuso ao que non dixemos NON.




.