Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

5 nov 2024

Libros de Samaín

 Aquí tedes os libros preferidos de Samaín nesta biblioteca !!!



4 nov 2024

Caperucita Terrorífica

 Como todos sabedes no recreo de comedor os luns temos o noso club de lectura.

Este curso dedicámolo a ler contos e historias que despois nós dramatizamos. Aquí podedes ver a versión de Carapuchiña creada por Aldara, Antía, Carol, Juan, Israe e Liam. Esperamos que vos guste e que polo menos vos divirta. Animarvos a crear e interpretar. Temos premios para todos !!!





Biblioteca divertida. O castiñeiro terrorífico

 O alumnado de 1º de E. P. creo este castiñeiro terrorífico.

Nel viven bruxas, momias, vampiros, pantasmas...

Míraos atentamente e descubrirás unha historia fantástica!!!








Biblioteca divertida. Xogamos a corre corre cabaciña

 


Os alumnos e alumnas de 5º de E.I. lemos e interpretamos o conto clásico destas datas de Samaín.

Despois de lelo, decidímonos a vivir aventuras coa avoa, o león ... todos xogaron connosco no noso patio.

Esperamos que vos guste o noso vídeo. Nós pasámolo super ben!!!














O vampiro Edelmiro e a cativada de 6º de E.I.

 

Os alumnos e alumnas de 6º de E.I. lemos e interpretamos o álbum ilustrado O Vampiro Edelmiro.

Este tipo de libros anima ao lector para ir máis aló da súa lectura. A vivir aventuras cos seus personaxes.

Por iso o vampiro Edelmiro sae da biblioteca e paséase pola clase de 5 anos.

Sae ao patio onde descobre que comer san é o mellor.

Esperamos que vos guste o noso vídeo. Nós pasámolo xenial !!!










26 oct 2024

Tempo de Samaín

 Na biblio vivimos o Samaín entre medos e moita risa. A que esperas para visitarnos !!!!




EXPO TEATRO FABOLA

 Lembrade que temos moitos libros de teatro para ler e representar.







Día das Escritoras 2024

Celebramos   ese día  elaborando un cartel e  realizando un maratón de lectura dramatizada, coas nosas escritoras favoritas: Elisabetta Dami, Ledicia Costas,  Eva Mejuto e  Jk Rowling.  Será publicado ao longo do trimestre na nosa canle e neste blog. Grazas por participar.





23 sept 2024

Benvida ao curso 2024-25.


Este curso imos adicalo ao teatro. A partir de outubro a biblioteca estará aberta todos os recreos de mañá e tarde.
Os luns será o dia de cambio de libro.
Esperamos a vosa visita e a vosa participación nas actividades propostas.

Benvidos á Biblioteca!!!!!

 

26 jun 2024

Tremoal 2024. 50 anos educando en Igualdade

  E para rematar o curso aquí tedes a edición especial deste curso. Grazas a todos por participar e feliz verán!!!



28 may 2024

Luisa Villalta, a nena dos caligramas

 

 Un ano máis  celebramos  o Día das Letras Galegas, que como sabedes foi unha idea do noso escritor Francisco Fernández del Riego.

Este ano a autora homenaxeada é Luisa Villalta. Esta muller era ademais de escritora. Violinista e profesora de galego nun instituto.

Cando Luisa era só unha nena nas clase de lingua castelá, descubriu os Caligramas.

Un caligrama é un poema que non só lese, senón que tamén se ve. As letras toman forma e relaciónanse co que o poema di. 

"Gustábanlle porque ela sempre amou xogar coas palabras e atopar novas formas de crear poesía."

Luisa tamén foi das primeiras profesoras de galego. Empezou o seu traballo polo 1988.

No fondo histórico da biblioteca atopamos o primeiro libro que utilizaron os nenos e nenas deste colexio para estudar galego: chámase Campo e mar aberto ( 1ª edición 1975) da escritora Dora Vázquez.

Por iso escollemos  algúns dos  seus poemas , como homenaxe non só a Luisa Villalta senon a todo o profesorado que se preocupou de que o galego formase parte da nosa vida escolar.

 Neste vídeo podedes ver o noso recital.
















 Sete haikus de Luisa Villalta
  A poesía de Luisa non está pensada para a cativada.
Pero o alumnado de 1º e 2º deseñou  sete marcápaxinas moi fermosos  utilizando os programas de ilustración dixital Paint 3d e Tux Paint.

















20 may 2024

Letras Galegas 2024. O GLOBO DE PAPEL

 Un dos obxectivos deste curso é analizar e clasificar o noso fondo histórico de libros.

Habilitamos un local para almacenalo e preservalo, xa que temos libros moi valiosos.


Así é como atopamos, polo menos de momento, o máis antigo é O globo de papel. Conto de Elisa Vives de Fábregas ilustrado por Fina Rifá e traducido ao galego por Xohana Torres.

É un libro de Editorial Galaxia de 1966.

Non sabemos de que escola de Lourenzá procede, pero a pesar de que por aqueles anos todo o ensino impartíase en castelán; un profesor ou profesora preocupouse de comprar para a biblioteca un conto en galego que ademais tiña exercicios, vocabulario e actividades.

Estamos nun tempo en que temos centos de libros e materiais en galego tanto de ficción como de información.

Neste Día das letras Galegas queremos homenaxear aos mestres e mestras que falaron, escribiron e fomentaron o uso do galego nas aulas, nunha época que non era fácil e moitas persoas pensaban que o galego era unha lingua de paletos.

Fixemos as actividades que propoñia o libro.

É un conto de 1966 cando Luisa Villalta tiña nove anos. Si queres saber si lle gustou mira o vídeo que fixemos. 





  





19 may 2024

Os contos da Poceira

  Non podemos esquecer que os animais son tamén unha fonte de inspiración para a creación de contos e historias fantásticas.

Propuxemos ao alumnado que, ademais de observar as características e calidades dos habitantes e veciños da poceira, crease un conto para os seus compañeiros.

Aquí tedes algúns exemplos. Iremos publicando máis no que queda de curso.
















Club da Ciencia. Unha poceira chea de vida

 Ao longo deste curso, desde a biblioteca , colaboramos no club da Ciencia, con distintas actividades e propostas dirixidas a todo o alumnado do centro.




A creación e posta en marcha dunha charca no colexio, permitiunos observar a evolución da vida desde o comezo.

Ao mesmo tempo foi tamén un eixo vertebrador para a observación de plantas e animais que viven no noso patio.


Obsevamos e estudamos, tanto os animais da contorna : formigas, bolboretas ou escaravellos, como os que se criarán na propia poceira : ras, cágados, sapos e tritóns.



Documentámonos con fondos e materiais  da biblioteca e tamén adquirimos novos recursos.








O alumnado realizou vídeos , presentacións e carteis nos que dunha forma sinxela e clara achegábase aos animais que viven no noso patio.