Ao longo deste curso, desde a biblioteca , colaboramos no club da Ciencia, con distintas actividades e propostas dirixidas a todo o alumnado do centro.
A creación e posta en marcha dunha charca no colexio, permitiunos observar a evolución da vida desde o comezo.
Ao mesmo tempo foi tamén un eixo vertebrador para a observación de plantas e animais que viven no noso patio.
Obsevamos e
estudamos, tanto os animais da contorna : formigas, bolboretas ou
escaravellos, como os que se criarán na propia poceira : ras, cágados, sapos e tritóns.
Documentámonos con fondos e materiais da biblioteca e tamén adquirimos novos recursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario