Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

20 may 2024

Letras Galegas 2024. O GLOBO DE PAPEL

 Un dos obxectivos deste curso é analizar e clasificar o noso fondo histórico de libros.

Habilitamos un local para almacenalo e preservalo, xa que temos libros moi valiosos.


Así é como atopamos, polo menos de momento, o máis antigo é O globo de papel. Conto de Elisa Vives de Fábregas ilustrado por Fina Rifá e traducido ao galego por Xohana Torres.

É un libro de Editorial Galaxia de 1966.

Non sabemos de que escola de Lourenzá procede, pero a pesar de que por aqueles anos todo o ensino impartíase en castelán; un profesor ou profesora preocupouse de comprar para a biblioteca un conto en galego que ademais tiña exercicios, vocabulario e actividades.

Estamos nun tempo en que temos centos de libros e materiais en galego tanto de ficción como de información.

Neste Día das letras Galegas queremos homenaxear aos mestres e mestras que falaron, escribiron e fomentaron o uso do galego nas aulas, nunha época que non era fácil e moitas persoas pensaban que o galego era unha lingua de paletos.

Fixemos as actividades que propoñia o libro.

É un conto de 1966 cando Luisa Villalta tiña nove anos. Si queres saber si lle gustou mira o vídeo que fixemos. 





  





No hay comentarios:

Publicar un comentario