Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

11 mar 2018

Semana da prensa . “A Voz de Fabola”

Con motivo da semana da prensa ,dende a biblioteca, e coa colaboración dos titores suxerimos a seguinte actividad para conmemorar a Semana da Prensa Escrita.


Facendo un guiño a este medio diseñamos “ A Voz de Fabola”.

Na entrada do colexio, colocamos o noso xornal xigante, no que cada grupo de alumnos  e tódalas mañás, despois de ler os dous xornais principais da provincia “ La Voz de Galicia e “ El Progreso de Lugo “, seleccionaba a nova que lles parecía máis interesante .

Cada grupo de alumnos tiña asignados  unha sección do noso xornal.

Os máis pequenos de tres e catro anos informaban da data e do tempo.




Os de cinco anos as novas de Lourenzá.


Os de 1º analizaban as novas da Mariña Lucense.



Os de 2º optaron polos deportes.

Os de 3º escolleron as Novas de Galicia.

Os de 4º levaban a sección de Novas de España.

Os de 5º preferiron darnos conta das novas culturais.

Finalmente os alumnos de 6º decidiros analizar as novas internacionais.


A experiencia foi moi positiva e por suxerencia dos propios alumnos imos seguir  publicando o noso  xornal  xigante.

Gracias a todos por participar e lembrade que para estar ben informado o mellor é ler a prensa xa sexa en formato escrito ou dixital.
Tamén debemos contrastar as diferntes fontes, e ampliar a nosa información con outras publicacións 
e por iso a nosa exposición e recoñecemento a labor destes medios.