Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Proxecto Niños










1.    XUSTIFICACIÓN.
O tema do noso proxecto xurde cando unha nena da aula de 4 anos cóntalle a súa titora cos seus pais fixeron unha viaxe a Francia e trouxéronlle un niño artificial de paxaros. Partindo deste punto os nosos nenos empezan a facer preguntas como; qué é un niño?, para qué sirve?, quén o fai?, con qué?..... E o equipo do ciclo de Infantil decidimos, nunha reunión de ciclo,que tiñamos que ponernos a investigar cos nenos todas esas interrogantes e así nace o noso proxecto co nome de “O niño de Cecilia” e que foi desenvol ó longo do 3º trimestre do curso.


O noso primeiro paso foi traballar na asamblea o tema e comprobar cales eran as ideas previas que os nosos nenos posuian. Unha vez valorado chegamos a conclusión de que, en xeral, as ideas previas eran moi pobres e tomamos esta valoración como punto de partida do noso proxecto para establecer as metas que queríamos perseguir, a selección de contidos, os recursos e materiais e a planificación do noso traballo.
2.    OBXECTIVOS.
OBXECTIVO XERAL: Observar o seu entorno máis inmediato, identificando as características dos elementos co forman, mostrando unha actitude de curiosidade e coidado do mesmo.
OBXECTIVOS:
Ø  Planificar e secuenciar as propias acción
Ø  Planificar e ordear a súa acción en función da información recibida.
Ø  Valorar a importancia so medio natural e a súa calidade para a vida.
Ø  Utilizar a linguaxe oral e escrita como medio de expresión e comunicación.
Ø  Coñecer algunas das aves da contorna.
Ø  Aprender a traballar en equipo dende o concepto da colaboración e participación.
Ø  Resolver autónomamente determinadas situación.

  1. CONTIDOS.
Ø  Observación directa e sistemática das aves.
Ø  Discriminación e clasificación das aves atendendo as súas características.
Ø  Planificación secuencida para resolver tarefas.
Ø  Textos orais; contos, adiviñas,poesías…..
Ø  Resolución de problemas a través da investigación.
Ø  Dialogos, charlas e debates.
Ø  Elaboramos un libro das aves.
Ø  Aprendemos cancións.
Ø  Elaboramos o noso disfraz.
Ø  Observación e conservación da contorna.


  1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
v  Concretar exemplos nos que a vida humana actúe positiva ou negativamente sobre o medio.
v  Recoñecer e identificar diferentes tipos de aves.
v  Planificar e realizar diferentes tipos de pequenas investigación.
v  Actuar autónomamente en diferentes situacións de conflicto.
v  Formular situacións problemáticas.
v  Participar en situacións de comunicación,dirixidas e espontáneas.
v  Narrar e describir diferentes situacións.
v  Utilizar as TICS  como recurso.


  1. COMPETENCIAS BÁSICAS.
As competencias básicas traballadas no noso proxecto foron:
1.    Competencia en comunicación lingüística.
2.    Competencia matemática.
3.    Competencia no coñecemento e interacción col mundo físico.
4.    Tratamiento da información e competencia digital.
5.    Competencia social e cidadá.
6.    Competencia cultural e artística.
7.    Competencia para aprender a aprender.
8.    Autonomía e iniciativa persoal.

6.    INDICADORES DA AVALIACIÓN.

ü  Realiza investigación autónomamente.
ü  Actúa con curiosidade.
ü  Resolve situacións, conflictos problemas,….
ü  Comunícase de xeito fluido
ü  Exprésase de xeito claro e ordeado.
ü  Coida e respeta o medio.

7.    METODOLOXIA.
Neste proxecto plantexamosnos as seguintes esstratexias metodolóxicas
ü  Método expositivo-interrogativo, a través desta metodoloxía presentamos a información xa elaborada os nosos alumnos. O seu soporte fundamental é a linguaxe oral.
ü  Estrategia indagadora, a través dela, pretendemos cos nenos se enfrenten a situacions novas e problemáticas, nas que deban utilizar reflexivamente os seus coñeeimentos previos e contrastarlos cos que vai a adquirir.
ü  Con respecto a l organización que realizaremos cos nosos alumnos a  hora de traballar, debemos expresar que formaremos grupos pequeños o grandes e incluso se realizarán actividades de forma individual.
ü  Por outra parte, é convinte resaltar que, a metodoloxía será activa.
8.    MATERIAIS E RECURSOS.
Utilizamos todos os medios dos que disponemos no centro (aulas, Biblioteca, TICS,….) así como todo tipo de material, funxible, reciclado…, e tamén utilizamos os recursos e materiais do entorno.

9.    VALORACION.
A valoración do noso proxecto foi moi positiva xa que despertou o interés dos nenos e sobre todo disfrutaron e divertíronse moito.O noso obxec tivo foi intentar englobar dentro do proxecto todos os campos que puidésemos abarcar e fomentar a participación e colaboración de todos os nenos.
Os nenos tiveron a oportunidades de disfrutalo e vivilo con interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario