Remata este trimestre e dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a vosa colaboración en todas as actividades propostas. Elaboramos este vídeo de Nadal coa canción de John Lennon: XA É NADAL , unha canto a paz por riva de crenzas, raza ou país , esperamos que vos guste, e seguide lendo o que vos apeteza.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
22 dic 2020
8 dic 2020
Dicimos Non á violencia de xénero.
A biblioteca lembrou un ano máis esta data tan importante coa esperanza de que algún día sexa erradicada da sociedade.
Os alumnos e alumnas de E. P. dende 2º traballamos o libro: Los hombres no pegan de Beatriz Moncó
19 oct 2020
Día das escritoras 2020. Juana Ibarbourou.
Hoxe é o día das escritoras. Nós imos adicalo a Juana Ibarbourou, que é unha das poetisas máis importante da literatura hispana. Sabedes que seu pai era de Lourenzá?.
Ao longo deste trimestre iremos investigando e lendo a súa vida e a súa obra para nenos.
Aquí tedes un vídeo da infancia que fixemos...A nosa homenaxe a Mafalda
Estes primeiros días de curso quixemos coñecer, revisar e homenaxear a esta nena e ao seu autor Quino.
Cada alumno e alumna de primaria creaou un personaxe que fala con Mafalda e que os acompañará ao longo do curso.
Aquí tedes a Astro.
15 oct 2020
14 jun 2020
Remata o curso
Remata o curso e o Equipo de Biblioteca quere agradecervos o voso gran traballo ao longo do curso tanto cando estivemos no colexio como na casa. Nestes vídeo e no nosa xornal: A voz de Fabola podedes ver as vosas colaboración. Lembrade ler un pouco cada día. Feliz verán!!!
11 jun 2020
O Ano das mulleres
Antes de Rematar queremos lembrar que este curso foi adicado especialmente aos
dereitos das mulleres. Traballamos a obra das seguintes escritoras:
Astrid Lindgren
J.K Rowling.
Rosalía de Castro.
Helena Villar.
Beatrix Potter
Autoras seleccionadas por este equipo porque son do agrado do alumnado como pola súa obra que se axeita aos nosos obxectivos.
Traballamos especialmente a igualdade, mercando novos fondos e adicando un espazo diferenciado para eles.
Tendo como lema “ As
mulleres podemos con todo” traballamos o
libro Pipi calzas largas e a súa mensaxe de valentía e independencia que
transmite ás nenas de varias xeracións
Analizamos e recitamos
tamén o Poema á muller galega, de Manuel
María que reflexa moi ben a vida das mulleres galegas ao longo da historia.
Elaboramos un muraL
HOMENAXE A TODAS AS MULLERES
IMPORTANTES PARA NÓS, Cada alumno
debuxou a súa nai e tamén buscaron cientificas , escritoras, doutoras
,traballadoras ou labregas poñendo en valor todas as profesións e actividades
as que se adican as mulleres.
Rematamos nun cine-forum
visionando a película Pipi Calzaslargas.
Traballamos libros e textos
da nosa nova sección Literaria , adicada a igualdade.
Investigamos
Agora que remata o curso lembrade que a nosa biblioteca é tamén un espazo para que investiguedes e seleccionedes información. Aquí tedes algúns exemplos de Lapbook de plantas
, animais, abellas, historia dos contos ou literatura que se fixeron este curso. Grazas por participar.
4 may 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Aquí tedes a biografía que fixemos, grazas por participar, que xa sei que tedes moito traballo.
Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago
de Compostela,
1990).
Este autor é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura en galego ao longo do século XX.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos.
Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués.
Aquí podedes atopar actividades e Xogos para que vos acheguedes a súa vida e a súa obra .https://primaveradasletras. sgal/
As actividades que propoñemos dende a biblioteca para
lembrar a este autor, son as seguintes:
-1.Elabora a portada dun libro de Carballo Calero que ao teu parecer é importante. Podes utilizar este modelo ou un que debuxes ti.
-2. Ricardo Carballo Calero cando era neno tamén tiña sonos, Despois de investigar na súa obra , cales poderían ser?
Podes completar a ficha coas túas conclusións.
Podes completar a ficha coas túas conclusións.
Esta é a portada do noso conto |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)