Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

11 jun 2020

O Ano das mulleres

Antes de Rematar  queremos lembrar que este curso foi adicado especialmente aos dereitos das mulleres. Traballamos a obra das seguintes escritoras:
J.K Rowling.
Rosalía de Castro.
Helena Villar.
Beatrix Potter
Astrid Lindgren

Autoras seleccionadas por este equipo porque son do agrado do alumnado como pola  súa obra que se axeita aos nosos obxectivos.
Traballamos especialmente  a igualdade, mercando novos fondos e  adicando un espazo diferenciado para eles.



Tendo como lema “ As mulleres podemos con todo”  traballamos o libro Pipi calzas largas e a súa mensaxe de valentía e independencia que transmite ás nenas de varias xeracións
Analizamos e recitamos tamén  o Poema á muller galega, de Manuel María que reflexa moi ben a vida das mulleres galegas ao longo da historia.


Elaboramos un muraL
HOMENAXE A TODAS AS MULLERES IMPORTANTES PARA NÓS,  Cada alumno debuxou a súa nai e tamén buscaron cientificas , escritoras, doutoras ,traballadoras ou labregas poñendo en valor todas as profesións e actividades as que se adican as mulleres.
Rematamos nun cine-forum visionando a película Pipi Calzaslargas.
Traballamos libros e textos da nosa nova sección Literaria , adicada a igualdade.









No hay comentarios:

Publicar un comentario